Inicio Vigo e área Redondela Redondela convoca a primeira reunión da Mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación...

Redondela convoca a primeira reunión da Mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación do Sector Comercial

50 anos da inauguración da Biblioteca P. M. Valle-InclánO Goberno local comeza a traballar coa vista posta “no día despois” para paliar os efectos da crise provocada pola situación de emerxencia sanitaria e estado de alarma polo COVID-19

O Concello de Redondela convocará esta semana a primeira reunión da Mesa de asesoramento Económico e Reestruturación do Sector Comercial, unha iniciativa que nace coa intención de comezar a traballar conxuntamente nun plan de acción para intentar paliar os efectos da crise que o estado de alarma polo COVID-19 traerá aparellada durante o mesmo e nas datas posteriores ao seu remate.

Esta Mesa, na que participarán representantes dos sectores económicos máis significativos – hostalería, comercio, Asociación de Empresarios– así como técnicos municipais e representantes dos distintos grupos políticos, busca “a unión e implicación de tódolos sectores afectados para reactivar a economía e buscar unha saída en común a crise provocada pola pandemia”, explica a concelleira de Economía do Concello de Redondela, María Castro.

A este respecto, a folla de ruta que se está perfilando pasa polo compromiso do Goberno local en apoiar a revitalización do sector nestes momentos tan complicados, “polo que se contemplarían dende actividades de promoción e dinamización ata a exención de taxas, pasando por axudas, infraestruturas e iniciativas de publicidade e comunicación” matiza o Equipo de Goberno.

De feito, durante este estado de alarma, o Concello xa está a implementar medidas como a promoción dos mercados de abastos municipais, o a potenciación do servizo de pedidos nos mesmos. Asemade  estableceuse a exención ou bonificación de varios tributos municipais ou a mobilización de un millón de euros para axilizar o pago a provedores, de cara a permitir que as empresas e persoas autónomas, dispoñan de liquidez para seguir funcionando.

A este respecto, explicou Digna Rivas, que o Goberno local “segue a estudar a posta en marcha demais medidas que permitan ao comercio e ao sector produtivo, adaptarse a unha situación cambiante como a que vivimos”.

Coa vista posta no “día despois”, o Goberno local, en colaboración co sector comercial e empresarial, desenvolverá medidas dinamización “que se recollerán nun Plan de choque no que se incluirán campañas de sensibilización que lembren á cidadanía a importancia de mercar no comercio local e de proximidade como medio de creación de riqueza, emprego e reactivación económica e que contribúa a que saiamos, o antes posible, desta situación crítica”, afirma a alcaldesa Digna Rivas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies