Inicio Baixo Miño Tui preparase para vivir esta fin de semana as Festas de San...

Tui preparase para vivir esta fin de semana as Festas de San Telmo dende a casa

Tui celebra o #SanTelmoNaCasa con propostas nas redes sociaisO luns ás 20.30 h repicarán as campás da Catedral e das igrexas tudense para celebrar a festividade de San Telmo

O Concello de Tui está a recibir material de protección tanto das distintas administración coma de persoas voluntarias e empresas que logo distribúe entre os propios servizos municipais, centro de saúde, residencias de maiores, Tui preparase para vivir dende a casa a fin de semana das Festas de San Telmo. Dende o Concello programáronse unha serie de actividades para vivir este #SanTelmoNaCasa. As redes  sociais municipais e a participación veciñal son nexo condutor das iniciativas programadas

A música é un dos elementos esenciais en toda festa, e tamén o é nas festas de San Telmo. Por este motivo convidouse a unha serie de músicos a enviar a súa mensaxe nestes festexos. En formato vídeo están a ser compartidos nas redes sociais municipais as mensaxes das Raquel e Sara Areal Martínez, Andrea González e Daniel Pereira, Pancho Álvarez, Samuel Diz, Aloia Martínez, Ángel Sanchez e Antón e Ramón Corral. Durante a fin de semana será a quenda mensaxes institucionais.

Programación infantil

Os nenos e nenas teñen o seu lugar destacado neste San Telmo na Casa. Hoxe mesmo lánzaselles a proposta de crear o seu cabezudo seguindo un vídeo co paso a paso para a súa elaboración. Amais haberá dous programas especiais de radio, a través da Radio Municipal de Tui, que se emitirán o sábado ás 17 h a cargo de María Fumaça, e o domingo ás 17 h con Mamá Cabra, e que se volverán emitir o luns ás 11 h e ás 17 h respectivamente.

Os nenos poderán gozar coas propostas radiofónicas de María Fumaça e Mamá Cabra

Mamá Cabra presenta en formato radiofónico “A fraga do meu avó”, o seu máis recente traballo que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e as nosas avoas. Gloria Mosquera, voz e creadora de Mamá Cabra, convídanos a pasear xuntas por esa fraga e a coñecer os seus carballos, as súas píntegas e curuxas…  Mentres a familia María Fumaça presentará o seu novo disco “O veleiro verde”  xunto a outras cancións de anteriores traballos.

Dende o Concello de Tui convídase a nestas xornadas festivas facer de altofalante das festas e colocar a radio no balcón ou ventá para reproducir a “sesión vermú festiva” que a Radio Municipal de Tui emitirá mañá sábado, o domingo e o luns de 12.30 h a 13.30 h. Tamén se convida a colocar a bandeira de Tui en ventás ou fiestras durante a fin de semana.

Haberá tamén outras proposta e sorpresas durante a fin de semana.

O luns de San Telmo repicarán as campás da catedral e das igrexas tudenses

O luns, festivo local en Tui, destaca ás 20.30 h o repique das campás da Catedral e das todas ás igrexas tudenses durante cinco minutos. Dende o Concello quérese agradecer a magnífica acollida que tivo esta proposta tanto por parte do Deán da Catedral, coma dos distintos párrocos tudenses.

Participación veciñal

Estas son unhas festas que viviremos dende a casa pero tamén nas redes sociais. A comezo de semana plantexouse xa que a veciñanza compartise os seus recordos e os seus desexos de futuros para estes festexos. Agora é a quenda de enviar as mensaxes de felicitación co hashtag #SanTelmoNaCasa e etiquetando ao Concello de Tui en Facebook, Twitter e Instagram. Son xa varias a mensaxes que están a ser publicadas por parte de cidadáns anónimos, asociacións, empresas, establecementos, músicos… uníndose a estas festas de San Telmo na Casa.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies