Inicio Val Miñor Baiona Baiona prorroga o contrato de  Servizo de Atención a Domicilio

Baiona prorroga o contrato de  Servizo de Atención a Domicilio

praza-Concello-Baiona-acolle-longo-fin-semana-numerosas-actividades-motivo-día-mundial-Fibrosis-Quística,O Concello de Baiona vén de prorrogar, mediante unha resolución de Alcaldía, o contrato de prestación do Servizo de Atención a Domicilio que remataba este vindeiro luns 20 de abril.

A decisión de prorrogar este servizo é unha competencia do Pleno da Corporación Municipal pero, as excepcionais circunstancias provocadas polo estado de alarma, fixeron precisa a adopción desta medida “tan extraordinaria como urxente”, sinala o alcalde Carlos Gómez

En todo caso, e como paso previo á resolución de Alcaldía, Carlos Gómez puxo este feito en coñecemento dos portavoces dos distintos grupos políticos da Corporación “que foron quen de entender a urxencia da situación e as circunstancias únicas que se estaban a dar”. Precisamente por iso, o rexedor de Baiona quixo expresar publicamente o seu agradecemento a os grupos municipais que co seu apoio “amosaron un alto grao de responsabilidade e compromiso”.

O rexedor agradeceu “o alto grao de responsabilidade” amosado por todos os grupos da Corporación Municipal para permitir que este servizo poida seguir atendendo á veciñanza nesta crise sanitaria

Non nos cansaremos de repetir, subliñou o alcalde de Baiona, “que en circunstancias extraordinarias temos que adoptar medidas extraordinarias” e, nese sentido, lembrou o rexedor baionés que “os concellos como primeira liña nesta loita, temos que adoptar decisións rápidas para dar solucións aos problemas da cidadanía”.

O Servizo de Atención a Domicilio, que é un servizo dunha extraordinaria importancia en tempos normais “convértese en absolutamente imprescindible nestes tempos de emerxencia sanitaria”, apuntou Gómez, polo que o Concello “tiña a obriga de adoptar esta decisión urxente para que as usuarias e usuarios non quedaran desatendidos xusto cando máis falta fai”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies