spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela celebrou as 'Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero»

Redondela celebrou as ‘Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero»

Redondela celebrou as 'Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero»As Xornadas que se desenvolveron no formato online, remataron pola tarde coa inauguración dun mural participativo e comunitario na fachada do multiúsos da Xunqueira

Durante toda a mañá de onte celebráronse, en Redondela, as I Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero», unha iniciativa desenvolvida en formato online e que nace co obxectivo de ser un foro de debate aberto sobre todos aqueles temas que permitan poñer en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta.

A iniciativa desenvolvida pola Concellería de Igualdade que xestiona a alcaldesa Digna Rivas e a Asociación AMA, nace, tal e como se sinalou, cunha clara vocación de continuidade poñendo todos os anos, sobre a mesa, todos aqueles temas que poidan contribuír a medrar, fortalecer e consolidar o concepto de igualdade.

Trala a apertura das xornadas a cargo da alcaldesa de Redondela Digna Rivas e a doutora Igualdade Marina Iglesias Bernardez, Maria Rivas Couceiro e María Romero Morillo presentaban o movemento ‘Arte de Vivir’ para, posteriormente, dar paso ás mesas redondas ‘Desde o parto e crianza; Construír Igualdade, redes e novas realidades’ e ‘O saber maternal como legado e transmisión cultural’.

Xa pola tarde, cara as 17:30 horas, procederase á inauguración do mural que, na fachada do multiúsos da Xunqueira, realizaron as participantes no obradoiro de Terapia Ocupacional promovido pola Asociación AMA, baixo a supervisión de María Romero Morillo, e no que as participantes veñen traballando dende o pasado día 5 de marzo.

Gemma Pereira Otero, “foi unha das primeiras mulleres pioneiras en estudar unha carreira de ciencias e a primeira muller que rexentou unha farmacia en Redondela, un campo ata o momento restrinxido aos homes”

“Queremos poñer o foco de atención sobre o papel da muller na sociedade e a importancia que ten a igualdade para acadar unha sociedade máis xusta e, polo tanto, máis decente”, salientou Digna Rivas ao remate dunhas xornadas que levan o nome de Gemma Pereira Otero, unha redondelá “posiblemente descoñecida para a maioría da veciñanza, pero que foi unha das primeiras mulleres pioneiras en estudar unha carreira de ciencias e a primeira muller que rexentou unha farmacia en Redondela, un campo ata o momento restrinxido aos homes”, matizou a alcaldesa de Redondela.

“Con ese nome queremos non só dar a coñecer a súa figura, senón perpetuar o seu legado cunhas xornadas que poñan sobre o tapete de debate todos os temas que afectan directamente á muller, visibilizalos e contribuír a construír un camiño igualitario”, concluíu Digna Rivas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.