spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela acolle o 'Mundialito da Xunqueira' de fútbol sala

Redondela acolle o ‘Mundialito da Xunqueira’ de fútbol sala

Redondela acolle o 'Mundialito da Xunqueira' de fútbol salaO campionato, que acada xa a súa cadraxésimo quinta edición, se disputará entre os días 27 de xullo e 19 de agosto nas pistas da xunqueira en horario de 19 h a 23 horas

Revista COUSAS DE nº14

Redondela acolle a partir do vindeiro mércores, 27 de xullo, a cadraxésimo quinta edición do Mundialito da Xunqueira de fútbol sala organizado pola Concellería de Deportes que dirixe Nacho González e o Redondela Fútbol Sala e que conta coa colaboración do Grupo Casa Paco.

O campionato contará coas categorías Infantil (nados en 2008-2009), Alevín (2010-2011), Benxamín (2012-2013), Promesa (2014-2015), Biberón (2016-2017) e Chupete (2018-2020) e os partidos se disputarán nas pistas da Xunqueira de 19:00 h a 23:00 horas

A potenciación deste torneo, considerado como unha das citas ineludibles no fútbol sala de base da provincia, reflicte “a aposta por fomentar as actividades deportivas entre o sector máis novo da poboación de cara a inculcar estilos de vida sans e saudables”, explica a alcaldesa de Redondela Digna Rivas quen, logo de felicitar á Concellería de Deportes polo seu traballo, quixo transmitir o seu agradecemento “ao Redondela Fútbol Sala, sen o que esta actividade dificilmente se podería levar a cabo” e ao Grupo Casa Paco “aberto sempre á colaboración con este Concello”.

Para máis información, as interesadas e interesados poden dirixirse ao enderezo de correo electrónico redondelafutbolsala@gmail.com ou no teléfono 636 714 160

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.