Inicio Pontevedra Baixo Miño Récord de participantes no Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster...

Récord de participantes no Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster de Ciclismo en Tui

Recórd de participantes no Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster de Ciclismo en TuiEste domingo baterase récord de participación no Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster. A falla dunhas horas para pechar a inscrición supéranse xa os 180 inscritos cando o límite está establecidos nos 200 ciclistas.

A proba sairá este domingo, 28 de xullo, ás 10.30 h do Paseo da Corredoira onde estará situada tamén a liña de meta. Os corredores terán que realizan 80 quilómetros nun circuíto establecido que os levará até Guillarei, Salvaterra, As Neves, Ponteareas, e regreso a Tui, onde no quilómetro 66.5 terán que afrontar o coñecido coma o “muro de Tui” que o ascenso pola rúa Bispo Lago até a Corredoira, para continuar por Areas, o Alto do Matelo, e San Antoniño, e regresar de novo ao centro urbano, para xa a poucos metros da liña de meta volver subir pola rúa Bispo Lago, polo que o tramo final será moi espectacular.

Este Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster de Ciclismo foi presentado na casa do concello polo concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente e secretario do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher e Xavier Martínez, así como o presidente e o responsable técnico da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz e Guillermo Sande.

Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, agradeceu ao Club Ciclista de la Fuente o seu traballo e a celebración desta destacada proba en Tui.

Dean Flecher, presidente do Club Ciclista de la Fuente, explicou que este campionato é unha carreira de referencia na que participarán ciclistas máster 30, 40, 50 e 60 con licenza federativa.

Mentres Juan Carlos Múñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo, apuntou que este campionato é unha das probas máis importantes do calendario galego, que conta cun percorrido espectacular e que baterá récord de participación dunha proba de ámbito galego. Isto dicía reflicte que “aquí as cousas se fan ben e que é un bo percorrido”.

Restricións no tráfico

Debido á celebración desta proba deportiva haberá cortes de tráfico momentáneos nas rúas por onde transcorre, polo que se solicita a colaboración e comprensión dos usuarios destes viais. Amais non se poderá estacionar ata ás 13.30 h nas rúas Calzada, Antero

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies