Ademais das materias específicas de cada curso, impártense módulos tranversais sobre inserción laboral, igualdade de xénero e creación de empresas
Quince persoas desempregadas de Tomiño e arredores, asisten dende hai varios meses a un curso AFD (Accións Formativas para Desempregados/as) de “Instalacións de mantemento de xardíns e zonas verdes”, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Con 508 horas de duración total, a actividade, que rematará no mes de novembro, permite aos asistentes obter o certificado de profesionalidade nivel 2, equivalente a un ciclo de grado medio, así coma á obtención do carné de aplicador de produtos fitosanitarios, tamén nivel 2. Con estes dous importantes instrumentos, preténdese facilitar o acceso ou a reincorporación do alumnado ao mercado laboral.O curso, a cargo da monitora Amparo Grandío, enxeñeira técnico agrícola, impártese na antiga Escola Obradoiro, aínda que as prácticas se levan a cabo en diferentes puntos verdes da vila. O programa inclúe un período de prácticas nunha empresa do sector, que comeza o vindeiro día 6 de outubro.
Entre o alumnado hai xente de 20 a 55 anos con distintos estudos e experiencia laboral.
Ademais das materias específicas, impártense módulos tranversais sobre inserción laboral, igualdade de xénero e creación de empresas, co obxectivo de fomentar a inserción laboral. O día 6 de outubro comezaron as prácticas en diferentes empresas do sector (80 horas).
O concelleiro de Promoción Económica e Réxime Interior, Antonio Tartaglione, visitou días pasados ao alumnado, co fin de coñecer as súas aspiracións e expectativas en relación a esta nova acción formativa.
Nas horas do curso programadas para mantemento de xardíns, o grupo adicouse á mellora de varias zonas verdes do municipio, coma a Alameda de Goián, rotonda Ponte Internacional, e varias nas parroquias (Forcadela, Tomiño, O Cotro, Carregal, etc.).




