Inicio Baixo Miño A Armada de Colombia fai unha parada 'técnica' no Baixo Miño

A Armada de Colombia fai unha parada ‘técnica’ no Baixo Miño

armada-de-colombia-fai-unha-parada-tecnica-no-baixo-mino
De esquerda a dereita, cadetes del A.R.C. Gloria, Capitán de Navío Andrés Osorio, Nolo Giraldez Director Nacional de Ventas da Adega Quinta Couselo, Comandante de Buque Capitán Mauricio Echandia, David Barco departamento comercial Adega Quinta Couselo, cadetes del ARC Gloria

Aproveitando a escala que fixeron en Vigo como parte do seu periplo de 6 meses polo océano Atlantico, o pasado xoves 6 de outubro os integrantes do buque escola A.R.C Gloria da Armada de Colombia quixeron coñecer mellor un dos produtos estrela do Rosal, os seús viños, e que mellor maneira de facelo que visitar unha das súas adegas máis representativas, neste caso a Adega Quinta Couselo na subzona do Rosal na D.O. Rías Baixas.

Despois dunha visita aos viñedos e instalacións realizouse unha cata comentada cos viños que elabora a adega. Entre os integrantes da expedición atopábanse os altos mandos do buque como o comandante de buque Capitán Mauricio Echandia e o capitán de Navío Andrés Osorio como acompañante da expedición entre os oficiais e suboficiais de máis alto rango, complementados cos cadetes do buque escola.

Á finalización do evento a adega foi recoñecida coa entrega da máis alta distinción realizada polo buque que é a placa en recoñecemento dos “Excelentes Servizos prestados ao buque escola “ARC Gloria ” durante o desenvolvemento dos cruceiros de adestramento de Cadetes e Grumetes.

Asi mesmo a adega fíxolle entrega aos oficiais dunhas edicións limitadas dos seus viños máis exclusivos.

O buque escola A.R.C Gloria

O ARC Gloria é o buque escola pertencente á Armada de Colombia e o buque insignia da súa academia naval. O Buque Escola ARC “Gloria” é tamén designado como o Embaixador flotante de Colombia nos mares do mundo.Foi construído en España en 1968 e é o máis pequeno e antigo dos catro veleiros irmáns construídos polo mesmo estaleiro (Bilbao)

De izquierda a derecha, cadetes del A.R.C. Gloria, Capitán de Navío Andrés Osorio, Nolo Giraldez Director Nacional de Ventas de la Bodega Quinta Couselo, Comandante de Buque Capitán Mauricio Echandia, David Barco departamento comercial Bodega Quinta Couselo, cadetes del ARC Gloria

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies