spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPromover un medio rural sustentable entre a xuventude da provincia de Pontevedra,...

Promover un medio rural sustentable entre a xuventude da provincia de Pontevedra, obxetivo da acción formativa ‘Aposta en verde’

Promover un medio rural sustentable entre a xuventude da provincia de Pontevedra, obxetivo da acción formativa 'Aposta en verde'Oito centros educativos de Cangas, As Neves, Pontevedra, Silleda e Vigo veñen de acoller dez accións formativas, enmarcadas nos proxectos “DepoEmprende na ESO e na FP”.

A Deputación de Pontevedra vén de organizar en oito centros educativos da provincia dez charlas formativas destinadas a promocionar o sector agroforestal e a explicar as potencialidades que pode ter este sector como oportunidade laboral. En total, participaron nestas accións formativas máis de 500 mozas e mozos de centros educativos dos concellos de Cangas (IES Rodeira), As Neves (EFA Cancela), Pontevedra (IES Luis Seoane e CFEA Lourizán), Silleda (IES Pintor Colmeiro) e Vigo (IES A Guía, IES Ricardo Mella e IES Daniel Castelao) que están a participar nos programas de “Depoemprende na ESO e na FP”.

“Aposta ao verde”, enmarcado no proxecto de fomento da cultura emprendedora “Depoemprende na ESO e na FP”, impulsado pola Deputación de Pontevedra, serviu como unha acción de difusión e divulgación do sector agroforestal como motor económico para o desenvolvemento dun medio rural sustentable na provincia.  Así, durante unha hora, as mozas e mozos coñeceron a situación actual do sector agroforestal da comarca na que se atopa o centro educativo no que estudan e as potencialidades do sector en termos económicos e de emprego. Amais, tamén puideron coñecer, de primeira man, “plans de viabilidade tipo” para os diferentes tipos de actividade, analizando exemplos concretos o máis próximos posibles de casos reais de profesionais que viven hoxe en día desta actividade.

Para a Deputación de Pontevedra resulta fundamental que dende as administracións públicas se impulsen accións formativas como “Aposta ao verde”, co obxectivo de adoptar un papel de verdadeiros promotores para favorecer que o rural da provincia de Pontevedra recupere poboación e emprego.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.