Inicio Pontevedra Baixo Miño Tomiño e Cerveira organizan un obradoiro para analizar distintas experiencias de cooperación...

Tomiño e Cerveira organizan un obradoiro para analizar distintas experiencias de cooperación transfronteiriza

tomino-e-cerveira-poderan-escoller-catro-proxectos-educacion-e-cultura-poner-marcha-na-segunda-edicion-do-orzamento-participativo-transfronteirizoAo abeiro do proceso do Orzamento Participativo Transfronteiriza 2018, incluído na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, o vindeiro 13 de decembro organízase no concello luso un obradoiro no que se analizarán distintas experiencias de democracia participativa e cooperación transfronteiriza.

Trátase dunha tarde de traballo na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira á que está invitada toda a cidadanía de ambos os dous municipios e na que se realizarán dúas mesas redondas na que participarán ata seis expertos que contarán as súas experiencias en distintos proxectos.

Deste xeito, a sesión comezará ás 15.00 horas cun acto de benvida no que participará a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a concelleira da Cámara Municipal de Cerveira Aurora Vilaes. A primeira mesa redonda centrarase no papel do Valedor do Pobo na participación pública e nela intervirán a Valedora do Pobo de Galicia, Milagros Otero, e as valedoras transfronteirizas Cerveira-Tomiño Zara Pouza e María de Lurdes Cunha.

A segunda parte do taller centrarase nas experiencias de participación pública e cooperación transfronteiriza e contará coa presenza do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Juan Manuel Santamanina e cos membros da OPT Amizade Cerveira-Tomiño Elisabet de Santiago, que presentará un balance da primeira edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo, e de Sónia Antunes, que presentará os proxectos para 2018.

A xornada pechará as súas portas ás 17.00 horas cunha degustación de doces de ambos os dous municipios e coa actuación do Coro Infantil de Tomiño e do Coro Infanto-Xuvenil de Cerveira.

O Orzamento Participativo Transfronteirizo é un proxecto pioneiro na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que busca implicar á poboación de Cerveira e Tomiño na procura de solucións para necesidades comúns. Está incluído na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies