spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPrimeiros pasos na posta en marcha da nova depuradora de Vigo

Primeiros pasos na posta en marcha da nova depuradora de Vigo

primeiros-pasos-na-posta-en-marcha-da-nova-depuradora-de-vigo

O goberno vigués validou a posta en marcha da nova depuradora do Lagares, “ampliada e modernizada”, que xa iniciou a súa conexión cos colectores xerais de saneamento. “Era unha gran demanda medioambiental da cidade”, explicou o seu alcalde, quen asegurou que a de Vigo é “unha das depuradoras máis importantes de Europa”

Abel Caballero dixo que a unión de empresas que construíu a nova depuradora é a encargada da súa posta en marcha por un período de transición dun ano e, pasado ese prazo, terá lugar a recepción da obra, entrega e explotación por parte do Concello, titular da infraestrutura.

O rexedor vigués recordou que a nova depuradora do Lagares foi sufragada por fondos europeos achegados polo Goberno de España, segundo o convenio rubricado coa entón ministra de Medioambiente, Elena Espinosa.

“Entra en funcionamento a nova depuradora, que era unha gran demanda medioambiental da cidade”, asegurou Caballero, quen se mostrou “satisfeito” pola posta en marcha: “cremos que é un momento moi importante para o medioambiente da cidade, moi importante para a ría e moi importante para as Illas Cíes, porque eliminamos un factor negativo que era a vella depuradora, claramente insuficiente, e poñemos en funcionamento unha das máis importantes depuradoras de Europa”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.