spot_img
InicioPontevedra e ÁreaAmtega concédelle á Aula CEMIT a declaración de aula de referencia

Amtega concédelle á Aula CEMIT a declaración de aula de referencia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) declarou aula de referencia a Aula CEMIT da Deputación de Pontevedra, unha designación que recoñece o traballo desenvolvido nestes últimos anos nas súas instalacións.

A AMTEGA considera aulas de referencia aquelas nas que o nivel de actividade, no ano inmediatamente anterior, en actuacións de alfabetización e/ou inclusión dixital sexa igual ou superior a un 50% respecto do total da actividade desenvolvida na dita aula, ou ben aquelas aulas nas que o nivel de actividade, no ano inmediatamente anterior, en actuacións de alfabetización e/ou inclusión dixital estea comprendido entre o 10% e o 50% respecto do total da actividade desenvolvida na dita aula, sempre que o número de usuarios da aula represente unha porcentaxe superior a un 2 % sobre a poboación total do concello respectivo.

 As Aulas existentes en Galicia teñen a finalidade de conseguir a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica dos seus habitantes. 

As aulas de referencia contarán con axuda adicional para establecer un programa anual específico de actuacións destinadas á inclusión dixital que impulse a participación dos axentes sociais e empresariais do concello onde ten a sede e que fomente a participación dos seus habitantes como voluntariado dixital no Plan de Inclusión Dixital de Galicia. En concreto para 2017 a Aula CEMIT da Deputación deberá dar resposta ás necesidades identificadas nos ámbitos de alfabetización e capacitación, en particular actividades para dotar a poboación de coñecementos e capacidades dixitais. Así mesmo, desenvolverá actuacións que permitan impulsar e fomentar a participación e colaboración de ONGs, asociacións empresariais, entidade de voluntariado, etc, no desenvolvemento de actividades de inclusión dixital.

- Publicidade -spot_img