Inicio Pontevedra Baixo Miño A Guarda homenaxeará aos seus deportistas o vindeiro 3 de marzo na...

A Guarda homenaxeará aos seus deportistas o vindeiro 3 de marzo na X Gala do Deporte Guardés

cartel X Gala Deporte Guardés (Copiar)

Un ano máis, e xa van dez, o concello da Guarda acollerá un acto adicado a homenaxear e recoñecer aos deportistas da vila e os éxitos que acadaron durante a pasada tempada. A X Gala do Deporte Guardés celebrarase o vindeiro venres 3 de marzo, ás 20’30 horas, no Centro Cultural da Guarda.

Neste evento, conducido polo presentador Terio Carrera, entregaranse diversos premios e recoñecementos a deportistas de distintas disciplinas polos títulos conseguidos e polas súas traxectorias, ademais de por en valor destacadas iniciativas deportivas.

Os máis de 20 galardóns que se entregarán nesta velada inclúen premios para os mellores deportistas individuais e para os mellores equipos; así como recoñecementos á mellor iniciativa deportiva, á promoción e dedicación ao deporte e á proposta innovadora.

Ademais, nesta décima gala o invitado que exercerá como padriño do evento será Vladimir “Vlado” Gudelj, ex xogador do Real Club Celta de Vigo.

Deste xeito, A Guarda e os seus deportistas prepáranse para vivir unha velada única o vindeiro 3 de marzo, á que se convida a tódolos veciños e veciñas a unha gala que estará adicada a por de relevo os logros dos deportistas e clubs guardeses, pero tamén ao ensalzamento dos valores que se transmiten co deporte como o compañeirismo, o esforzo, o traballo en equipo e o respecto aos demais.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies