spot_img
InicioVigo e áreaVigoPrimavera do Cine bota o peche da súa 10ª edición premiando como...

Primavera do Cine bota o peche da súa 10ª edición premiando como mellor longametraxe a “Devolvendo o Golpe”

Primavera do Cine bota o peche da súa 10ª edición premiando como mellor longametraxe a "Devolvendo o Golpe"A clausura do festival tivo lugar este domingo día 12 e contou coa presenza de varios dos premiados, así como da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a directora de Cultura, Paula Cabaleiro, e a deputada de turismo, Ana Laura Iglesias.

O premio do público á mellor curtametraxe galega recaíu en “Silvio Rodríguez. Mi primera tarea”, unha curta producida pola galega Ana Laura Pereira (fundadora deste festival) coa que a súa directora Catherine Murphy amosa con multitude de imaxes de arquivo o proceso de alfabetización cubano, un proceso tan importante como descoñecido por estes lares.

Por outra banda, o galego Xosé Zapata e o italiano afincado en Lisboa  Lorenzo Degl’Innocenti  recibiron o premio do xurado á mellor curta lusófona por “The monkey” unha produción animada portuguesa que chega a Galicia tras un longo percorrido festivaleiro.

O xurado do festival, conformado pola actriz e dramaturga Lola Correa, o cineasta Gon Caride e o director do cineclube Sunset Boulevard Alexandre Escariz, decidiu outorgar o premio á mellor longametraxe a “Devolvendo o golpe”, do marinense Carlos Prado Pampín, pola súa calidade e a súa calidez á hora de contar esta historia en formato documental, pola historia en sí, cruel e tenra na mesma medida, que mostra que, con perseveranza e afán de superación os soños se poden cumprir. A longametraxe da lusofonía que recibiu o premio do xurado foi “Campo”, de Tiago Hespanha, por construír unha obra novidosa, íntima e tremendamente persoal.

A última encomenda do xurado foi  outorgar o premio CREA á mellor dirección, que recolleu o cineasta vigués Fon Cortizo polo seu traballo en “9 Fugas”. Gon Caride xustificou a decisión remitindo á orixinalidade do filme, pola aposta no cambio da estrutura narrativa e no proceso de creación fílmica. Por crear, a través da improvisación, unha viaxe sensorial na que nos transportou a unha Galicia evocadora e chea de interrogantes, deixando da man do espectador a interpretación deste filme tan arriscado como único.

O videoclip premiado polo público nesta edicón foi “Veleno”, de Baiuca, unha peza dirixida por Adrián Canoura que aúna tradición e modernidade.

Unha das novidades deste ano foi a inclusión dunha sección de curtas infantís, valorada por un xurado de seu. Antón e Verona, de 9 e 6 anos respectivamente, subiron ao escenario do Auditorio do Concello para conceder o premio a “Cartas de Superman”, unha curtametraxe de animación intimista e persoal realizada por David Fidalgo Omil.

Finalmente, o premio do público, o máis importante galardón deste festival, recaíu tamén na historia de superación do boxeador galego Aarón The Thunder, protagonista da longametraxe documental dirixida por Carlos Prado Pampín “Devolvendo o golpe”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.