·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaVigoAsí foi The Wild Cinema, un festival único de cinema medioambiental na...

Así foi The Wild Cinema, un festival único de cinema medioambiental na natureza

Así foi The Wild Cinema, un festival único de cinema medioambiental na naturezaO certame exhibiu pezas galegas e internacionais nunha gran pantalla instalada no Merendeiro do Parque forestal de San Miguel de Oia, para desfrute do público adulto e familiar e contou coa presenza dos directores galegos Manuel Pedrosa e Daniel Suárez Rubini

Por terceiro ano consecutivo celebrouse no Parque Forestal de San Miguel de Oia o The Wild Cinema, un festival de cinema medioambiental, único na súa especie, no que o público puido gozar de 17 curtas e longas das que a natureza, a aventura e o deporte ao aire libre foron as grandes protagonistas. O resultado foi unha impactante escolma, tanto pola beleza das súas imaxes como pola mensaxe que transmiten, que inclui filmes da sección oficial dos máis importantes festivais de cinema medioambiental internacionais, como Wild & Scenic Film Festival , BANFF, Bilbao Mendi Film Festival, CineEco, FICMA ou o Wilscreen.
.
O certame arrincou o venres 3 coa esperada proxección de Entre pastores e lobos, un documental sobre a convivencia entre estes animais e as persoas que habitan o Macizo Central, que pon en valor o pastoreo tradicional como ben etnográfico galego e lanza o debate da preservación das especies de fauna autóctonas, a través dun animal tan controvertido nas comunidades rurais como o lobo, tal e como explicou o seu director Manuel Pedrosa, que acudiu a presentar o seu filme. Pastores e lobos foi o filme gañador do Premio do Público no festival SUNCINE e o que máis visualizacións tivo na versión online do mesmo certame barcelonés. A sesión rematou con dúas curtas do neozelandés Richard Sidey, de espectacular beleza visual.
.
O sábado a programación estivo marcada pola eclecticidade de propostas.
.
Proxectáronse seis curtametraxes de España, Francia, Estados Unidos e Canadá. Curtas sobre un futuro non tan distópico, sobre as ameazas das plantacións de palma, os efectos do plástico nos océanos ou as formas de contaminación da auga. Filmes para todos os públicos nun incomparable marco natural que fixo da actividade unha experiencia redonda.
.
Tamén o domingo o programa estivo formado por unha colección de curtametraxes
chegadas de varios países e continentes. Nesta xornada, destacou O son da balea,
unha curtametraxe de ficción do galego Daniel Suárez Rubini, que recibiu o Premio do
Público no Festival de Cans un día antes antes de ser exhibido en The Wild Cinema.
Suárez acudiu a presentar a súa curta e explicou que “a idea xurdiu dunha conversa
entre dúas señoras do Morrazo que dicían botar de menos o canto das baleas na Ría”.
.
Dado o éxito acadado nesta terceira edición de The Wild Cinema, a organización
anunciou a súa vontade de levar a escolma por outras localidades.
- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies