spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda firma un contrato con Sociser Galicia de servicio de axuda no...

Salceda firma un contrato con Sociser Galicia de servicio de axuda no fogar para os próximos catro anos

Salceda firma un contrato con Sociser Galicia de servicio de axuda no fogar para os próximos catro anosO contrato permitirá levar a cabo o servicio de axuda no fogar no concello durante os próximos catro anos.

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e o representante de Sociser Galicia S.L.U. firmaron o contrato de servicio de axuda no fogar no concello para os próximos catro anos. Trátase do contrato máis importante desta lexislatura ata o momento, tanto polo seu importe, que roza o 16% do orzamento, como na duración do mesmo, tres anos con opción a un máis de prórroga.

A adxudicación deste contrato aprobouse  por acordo plenario o 24 de xuño pasado e entrou en vigor o mércores 1 de setembro, sendo o importe base da licitación de 1.888.626,69 euros e ascendendo o valor estimado do contrato a 2.895.894,26 euros, durante os catro anos de duración máxima que terá.

O programa de axuda no fogar do concello de Salceda de Caselas atendía no momento da licitación do contrato a 65 persoas, cunhas 30.000 horas anuais de servicio, que poderá ampliarse ata 35.000 horas anuais co contrato actual.

Este servicio é imprescindible para que as persoas maiores do concello poidan permanecer nos seus domicilios coas súas familias, facilitando a conciliación e os coidados dun colectivo moi importante na nosa sociedade, que con este contrato ve garantida a continuidade, a actualización e a mellora das condicións no servicio, tanto para as persoas usuarias como para as persoas traballadoras no mesmo.

Ademais a case trintena de persoas que traballan no servicio de axuda no fogar do concello pertencen á veciñanza do mesmo, co cal se proporcionan postos de emprego no pobo.

Angela Ledo, concelleira de benestar social: “Quero agradecer o traballo realizado polo departamento de servizos sociais do concello na elaboración do expediente de contratación. A pandemia fixo que se demorase no tempo o proceso para a continuidade dun servizo tan importante para o noso concello, pero por fin podemos ter garantida a súa continuación no tempo e a súa calidade”.

Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda: “a atención das persoas ou familias no seu domicilio, para facilitar o seu benestar persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións nas que teñen limitada a súa autonomía é unha prioridade, polo que era de vital importancia garantir este servizo e a súa estabilidade con este contrato para os próximos catro anos”

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.