·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona e Nigrán colaboran con Arela na difusión do programa de acollida...

Baiona e Nigrán colaboran con Arela na difusión do programa de acollida “Convive. comigo”

Baiona colabora con Arela na difusión do programa de acollida Convive. comigoOs Concello de Baiona e Nigrán, a través de Servizos Sociais, colaborarán coa asociación Arela para facer chegar á cidadanía o programa “Convive. comigo”, de acollemento de adolescentes que están a cumprir unha medida xudicial. Así se acordou na reunión mantida pola concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara, coa Concelleira deste servizo no Concello de Nigrán, Bibiana Peixoto, con representantes de Arela.

Arela leva traballando en Galicia desde 1998 coa infancia e a adolescencia en situación de desprotección ou de conflito social, prestando diferentes servizos. O novo programa consiste nun proceso de capacitación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias para convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida xudicial.

Esta convivencia pode articularse de diferentes formas: con outra persoa, familia ou grupo educativo. Arela busca persoas ou familias con alta sensibilidade cara á adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un destes mozos con dificultades. A través dun ambiente socializador e positivo permitiráselles aos adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial, e por tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súa familia de orixe.

Os requisitos para formar parte deste programa son ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse a traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade e non buscar a satisfacción dun desexo de paternidade. Valorarase ter formación relacionada con ciencias sociais ou experiencia previa en programas de acollemento familiar.

Na reunión acordouse a colaboración de ambos os concellos na difusión e achegamento do programa á cidadanía, coa finalidade de que poidan xurdir novas persoas ou familias interesadas nestes municipios.

En anteriores campañas de difusión do CONVIVE.Comigo realizadas nestes concellos, recibiuse interese por parte da poboación, tendo na actualidade un núcleo familiar que xa forman parte do banco de familias e está levado a cabo unha medida de convivencia; espérase que nesta campaña os resultados volvan ser positivos.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies