·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoMarín"Marín é música" ofrece o único concerto de Rayden este ano en...

“Marín é música” ofrece o único concerto de Rayden este ano en Galicia

Marín é música ofrece o único concerto de Rayden este ano en GaliciaMarín é música”, celebrará a súa primeira edición o 9 de outubro co rapeiro madrileño Rayden como cabeza de cartel, no que será o seu único concerto en Galicia este ano

Esta nova iniciativa conta con subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través dunha convocatoria extraordinaria para espectáculos musicais dentro da programación do Xacobeo 21-22.

O Museo Municipal Manuel Torres acolleu a presentación deste programa noo que participaron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, María Ramallo, alcaldesa de Marín e Jordi Lauren, de PlayPlan Cultural, organizadora do evento.

Ademais de Rayden, quen presentará en Marín o seu último e exitoso álbum de estudio, Homónimo, tamén subirá ao escenario que se instalará no Parque Azul o rapeiro galego García Mc, á fronte de Nación Quilombo. Dende o mércores está activada a venda de entradas a través da web www.enterticket.es.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies