Inicio Pontevedra Preto de 6.000 persoas xa teñen autorización para visitar en Semana Santa...

Preto de 6.000 persoas xa teñen autorización para visitar en Semana Santa as Illas Cíes e a Illa de Ons

parque-nacional-das-illas-atlanticas-entra-no-top-100-de-destinos-turisticos-sustentables-do-mundoCase 6.000 persoas tramitaron xa a correspondente e preceptiva autorización para poder visitar esta Semana Santa o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Así o avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen visitou esta mañá as Cíes para coñecer de primeira man o funcionamento do operativo de control de acceso que se activou o pasado venres coincidindo co inicio da tempada alta.

Así, un equipo composto por 10 informadores despregaranse durante todo o período vacacional nos cinco portos de saída cara ás illas (Vigo, Baiona, Cangas, Portonovo e Bueu) mentres que o persoal do Parque Nacional actuará de reforzo nos portos de Cíes e de Ons. A súa función, como explicou a conselleira, será velar polo correcto funcionamento do dispositivo de acceso ao parque para o que verificarán a validez das autorizacións dos pasaxeiros tanto nos puntos de saída como de chegada, utilizando lectores dos códigos QR que levan inseridos todos os permisos emitidos e que permiten identificar de modo automático os datos de cada visitante.

Neste sentido, a conselleira subliñou o bo funcionamento e a ausencia total de incidencias con relación ao sistema de acceso regulado que se implantou no Parque Nacional por primeira vez coincidindo coa pasada Semana Santa. Precisamente despois daquela experiencia piloto, Vázquez Mejuto explicou que foi no verán de 2018 cando se puxo en marcha de xeito definitivo o novo sistema para viaxar a Cíes, que obriga aos visitantes a solicitar previamente vía online unha autorización preceptiva para poder comprar o billete a unha das navieiras que ofrecen o servizo de transporte regular ás illas.

Esta Semana Santa o operativo volveu activarse co mesmo funcionamento aínda que con algunha novidade. Así, Vázquez Mejuto explicou que tras a entrada en vigor en febreiro do Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas, o sistema de acceso limitado e regulado estendeuse tamén á illa de Ons, onde por primeira vez limítase o número diario de visitantes a un máximo de 1.800 persoas.

En todo caso, a conselleira precisou que, a día de hoxe, aínda quedan prazas dispoñibles para viaxar a calquera das illas durante todos os días de Semana Santa, precisando que o Venres Santo é a xornada na que se agarda unha maior afluencia de visitantes.

Neste sentido, agradeceu a sensibilidade e a rapidez coa que tanto os turistas como os galegos que aproveitan estes días para coñecer as Illas Atlánticas interiorizaron o novo sistema de autorizacións de acceso, asumindo “con total naturalidade” que se trata dunha medida que persegue a conservación dun dos destinos turísticos por excelencia de Galicia.

Axudas para a ARI

Por outra banda, Ángeles Vázquez aproveitou a súa primeira visita ás Cíes para facer un anuncio importante desde o punto de vista da preservación do patrimonio do parque nacional. Así, indicou que o pasado venres o Instituto Galego de Vivenda e Solo asinou co Ministerio de Fomento o convenio que permitirá a rehabilitación de aproximadamente 80 vivendas localizadas na Área de Rehabilitación Integral (ARI) do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, cun investimento superior aos 1,1 millóns de euros.

Esta é a primeira ARI insular declarada en Galicia, como indicou a conselleira, e a segunda que xestionará de forma directa o IGVS dado o seu carácter supramunicipal. Así, explicou que nesta área inclúense os arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada e polo tanto, beneficiará aos catro municipios aos que pertencen: Vigo, Bueu, Vilagarcía e Ribeira.

Unha vez asinado o convenio co Estado, Vázquez Mejuto explicou que o seguinte paso será convocar antes de que remate o mes de abril as axudas para financiar a rehabilitación de vivendas localizadas dentro da ARI, así como outro tipo de actuacións de urbanización e reurbanización que mellorarán os espazos públicos e de acceso nas illas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
306SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies