spot_img
InicioBaixo MiñoPreto de 500 persoas gozarán de deporte e natureza na nova edición...

Preto de 500 persoas gozarán de deporte e natureza na nova edición do Trail Adventure Muíños do Folón

Abertas as inscricións para o Trail Adventure Muíños do FolónA proba disputarase este domingo 5 de marzo con dúas modalidades con diferente distancia e desnivel

Cousas de revista nº16

Todo listo para celebrar unha nova edición do Trail Adventure Muíños do Folón no Rosal. O vindeiro domingo 5 de marzo arredor de 500 corredores e corredoras daranse cita nun dos lugares máis emblemáticos do concello para participar na sexta edición dunha proba que cada ano supera as súas expectativas.

Preto de 500 persoas gozarán de deporte e natureza na nova edición do Trail Adventure Muíños do Folón

“É un orgullo ser o escenario que acolle unha proba que aposta pola saúde pero que tamén polo turismo e a natureza nunha contorna con gran valor paisaxístico e patrimonial como son os nosos muíños”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, durante o acto de presentación desta nova edición, que contou coa presenza do responsable de Deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez; do concelleiros de Deportes, Germán Fernández; do director técnico da proba, Serafín Martínez; do presidente da Asociación Galega de Fibrose Quística, Juan da Silva; con representantes da Comunidade de Montes do Rosal e de Julio e Ignacio, dous veciños do Rosal “moi implicados que coñecen o monte e cada ano achegan o seu gran de area para que esta carreira saia adiante con éxito”.

Como na edición anterior, os e as participantes poderán elixir unha das modalidades da carreira, adaptadas a varios tipos de público: unha cun percorrido de 12 km e 450 metros de desnivel e outra de 21 km e 1.000 metros de desnivel positivo. Os dous percorridos, que terán como punto de saída e chegada a Praza do Calvario, percorrerá os muíños do Folón e do Picón, así como diferentes fervenzas e zonas naturais dunha beleza paisaxística e patrimonial incomparables.

Este trail é a segunda proba da Pontevedra Trail League, unha competición que promove a Deputación de Pontevedra e que este ano contará con persoas invitadas sorpresa que darán ambiente á carreira grazas á colaboración da Asociación Galega de Fibrose Quística, que participará no encontro para dar visibilidade a unha enfermidade moi descoñecida pola poboación.

As inscricións estarán abertas ata este mércores e poden facerse de maneira online en www.traildofolon.com ou no seguinte enlace: https://bit.ly/3RpMpRZ.

- Publicidade -spot_img