Inicio Pontevedra Baixo Miño Preto de 400 judokas daranse cita este sábado en Tui na primeira...

Preto de 400 judokas daranse cita este sábado en Tui na primeira xornada da Fase Sur de Judo

O novo pavillón municipal de deportes de Tui acollerá este sábado a primeira xornada da Fase Sur de Judo alevín e infantil organizada pola Federación Galega de Judo, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Tui.

Na presentación, que tivo lugar na Casa do concello, estiveron presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes, Eduardo Freiría, o coordinador de deporte escolar da Xunta de Galicia, Guillermo Renaldo, o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, Francisco Covelo, profesor de Judo en Tui e David Morais do Judo Club Tudense.  

Mario Muzas agradeceu a colaboración da Xunta e do Concello por “colaborar en un programa que nosotros llamamos ‘soga judo’, que es tan importante para la base y promoción de nuestro deporte”. Muzas aproveitou para lembrar o seu paso por Tui “Hace 35 años tuve la suerte y el honor de introducir este deporte en la ciudad, que luego a tenido una magnífica continuación de la mano de los profesores, Francisco Covelo y David Morais en el Judo Club Tudense”

Promovendo valores de respecto

O campionato ten un obxectivo pedagóxico xa que pretende que os  máis pequenos se inicien neste deporte a través dunha competición baseada na estimulación e esforzo, promovendo valores de respecto e garantindo a seguridade na práctica do judo. Pretenden tamén fomentar a participación de todos os judokas galegos destas idades que practiquen regularmente este deporte.

Pola súa banda, Francisco Covelo destacó que “para nosotros y para la ciudad de Tui es muy importante porque pedagógicamente introduce a los niños en la competición mostrándole todos los valores que aporta este deporte”.

A xornada comezará as 11.00h no Pavillón Municipal de Deportes de Tui e se prolongará durante a mañá.

Os judokas participantes son provenientes de 41 clubs e centros  escolares da provincia de Pontevedra, 11 de Santiago de Compostela e un de Ourense, todos eles de categoría alevín e infantil, divididos por idades e pesos. O sistema de puntuación será o mesmo para todas as categorías,  3  puntos por combate gañado e 1 por non gañado. Vencerá en cada liga o judoka que máis puntos obteña pero todos os participantes recibirán un premio por participar.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies