spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Entroido de Salceda volve aos anos 70 coa Orquestra Sur

O Entroido de Salceda volve aos anos 70 coa Orquestra Sur

A Casa da Cultura Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación de Entroido, coa presenza de Tere Pérez e Marcos Besada por parte do Concello, acompañados de Lucía González e Sergio Rodríguez polo barrio de Castro Barreiro e Martín Acuña e Abel Pérez polo barrio da Feira.

A Concelleira presentou a ampla programación prevista para estas festas, que se extenderá dende o 1 ata o 5 de marzo, e que contará con tres grandes desfiles polas rúas da vila: o desfile escolar con máis de 1.200 nenos e nenas o venres 1 de marzo, o XXI desfile de carrozas e comparsas coa participación de 13 agrupacións xa confirmada, e por último o desfile que enfrontará aos barrios de A Feira e Castro Barreiro o martes 5, e que forma o acto central do Entroido histórico de Salceda, con máis de 125 anos de enfrontamento documentado entre ámbolos dous barrios.

Como novidade presentouse este ano o “Baile anos 70” que terá lugar o domingo ás 22:00 na Praza do Concello e que contará coa “Orquestra Sur”, unha proposta da Escola de Música de Salceda que recuperou a histórica formación existente en Salceda ata a década dos 70 e coa que bailaron moitos e moitas salcedenses durante anos.

A modo de homenaxe a aquela histórica agrupación preséntase esta proposta que de seguro conseguirá encher a Praza do Concello e devolvernos á década dos 70, para o que se pide que as persoas asistentes acudan tamén con vestimentas acordes coa época. Por segundo ano consecutivo mantense o entroido tradicional coa presentación do Rancho de Entroido e os cabaleiros do barrio da Feira na Praza do Concello o domingo na Prazado Concello e posteriormente no Parque Raíña Aragonta onde tamén se celebrará a II borrallada dos mamarrachos, na que se anima a participar tanto a salcedenses como avisitantes.

Os representantes de Barreiro e Feira incidiron un ano máis no segredismo que acompaña o seu Entroido, do cal non se publica nin sequera o programa de festas ata a fin desemana de Entroido. Ambos coinciden en que o traballo forte se fai unha vez pasado o Nadal “tanto se o Entroido cae o 5 de febreiro como se cae o 5 de marzo”, aínda que durante todo o ano se fan actividades diversas para conseguir financiación para as festas, sen esquecer que estamos a falar de dous barrios pertencentes á mesma parroquia, polo que falamos de barrios pequenos.

Marcos Besada falou dos “tres entroidos” de Salceda: o dos centros escolares, o institucional, e o entroido tradicional de A Feira e Castro Barreiro, destacando o valor da recuperación histórica feita polo barrio da Feira do Rancho de Entroido e os cabaleiros.“Estamos de noraboa. Temos un Entroido coñecido en todo o País que é sinal de identidade de Salceda e que seguimos a poñer en valor cada ano. Temos claro que na loita en Castro Barreiro e A Feira é fundamental a existencia de un para que teña sentido a existencia do outro, que conseguiron manter incluso nos tempos máis dificiles, eso sí, pagando las correspondientes multas”.

- Publicidade -spot_img