spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda acolleu o primeiro concerto do ciclo de Música Coral

A Guarda acolleu o primeiro concerto do ciclo de Música Coral

A Guarda acolleu o primeiro concerto do ciclo de Música Coral

O pasado sábado día 16 de febreiro arrancou no Centro Cultural da Guarda o Ciclo de Música Coral, contando nesta ocasión coa participación do Coro Diapasón de Ferrol, o Coro Arpegios da Guarda e o Coro Cantábile da Guarda.

O Salón de Actos do Centro Cultural foi o lugar elexido para acoller este concerto, cunha moi boa afluencia de persoas que quixeron aproveitar esta tarde de sábado para gozar coa música coral, cun  repertorio moi variado no que se mesturaron as cancións galegas con cancións moi afamadas e coñecidas por todos de artistas e bandas coma Os Beatles ou tamén temas clásicos.

O Coro Cantábile é un grupo de canto coral de persoas de diferentes idades, nace no ano 1986 como Coro da Catequesis para máis tarde pasar a chamarse Coro Arpegios, primeiro infantil e despois xuvenil de voces mixtas. Durante a súa traxectoria percorreron varios lugares de España, País Vasco, Barcelona, Madrid,… Portugal e Francia, alcadando un gran nivel grazas ao esforzo e adicación polo que teñen acadado premios en concursos de Galicia e outras cidades de España e dous traballos discográficos “Canto A Guarda” e “XX años cantando”, baixo a dirección de Don José Luis Lorenzo Rodríguez.

Case o 100% do seu repertorio foi composto ou arranxado por Don José Luis Lorenzo Rodríguez destacando obras inéditas premiadas nos años 1995, 1997 e 2002 no “Festival de Villancicos de Caixanova de Vigo”.

No ano 2007 asume a dirección Dona Lucía Alonso Castro, realizando unha labor de continuación ata o 2016, ano no que toma a batuta Avelino Ferreira López.

Do coro inicial formáronse as dúas agrupacións actuais, Arpegios como coro infantil e Cantábile, que seguen promovendo a cultura musical e o canto coral baixo a dirección de Avelino Ferreira López.

O Coro Diapasón nace en Ferrol no ano 2010 a partires dun obradoiro de música coral contemporánea, debutando no ano 2011 e facendo concertos dende ese ano ao longo da xeografía galega e tamén no resto de España baixo a dirección de Juan M. Brage Rabina.

O Ciclo de Música Coral continúa no mes de marzo, cun segundo concerto que terá lugar o sábado 30 de marzo.

Concerto do Coro do Conservatorio

Tamén na xornada deste sábado os alumnos e alumnas  que forman o novo coro do conservatorio de música de A Guarda formado por 40 compoñentes desprazáronse ata Vigo, onde participaron nun concerto na Parroquia de Nuestra Señora de la Soledad baixo a dirección de Bruno Díaz González. Este concerto forma parte dunha das actividades programadas polo conservatorio para completar a formación dos alumnos.

- Publicidade -spot_img