Inicio Val Miñor Baiona Alumnos da Escola de Vela Adaptada do Monte Real reforestan Baiona con...

Alumnos da Escola de Vela Adaptada do Monte Real reforestan Baiona con 200 árbores autóctonas

Unha vintena de alumnos da Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates, acompañados por un grupo de voluntarios, autoridades e membros do club, plantaron esta mañá en Baiona 200 árbores autóctonas.

Fixérono co obxectivo de reforestar e devolver vida a un terreo próximo á Virxe da Roca, un dos monumentos máis destacados da vila mariñeira, que quedou calcinado na vaga de incendios rexistrada en outubro de 2017.

A reforestación realizouse con carballos autóctonos dado que é unha especie que tarda máis en arder e non favorece a expansión dos incendios, a diferenza de especies pirófilas como o eucalipto ou o piñeiro. Ademais de paliar a expansión do eucalipto, unha árbore moi inflamable que pola súa rendibilidade económica e o seu fácil e rápido crecemento estendeuse moito en Galicia, o Monte Real Club de Iates tentou compensar tamén a súa pegada anual de carbono, estimada en case 12 toneladas de CO2.

Durante o desenvolvemento da actividade reforestadora, o presidente e vicepresidente do Monte Real Club de Yates, José Luis Álvarez e Alejandro Retolaza, recibiron de mans da responsable de comunicación de Coca Cola European Partners, María Troncoso, o selo “Evento con bo ambiente Coca Cola”. Trátase dunha distinción que recoñece a institucións, entidades e iniciativas polo seu respecto ao medio ambiente, concienciación ambiental e compromiso social; e que neste caso distingue ao club baionés non só pola reforestación realizada hoxe en Baiona senón pola suma de actuacións realizadas ao longo de 2018.

Entre as medidas postas en marcha polo club destacan a instalación de puntos de reciclaxe, a promoción de charlas sobre sensibilización ambiental, a programación de xornadas de limpeza de praias ou a contratación de persoal de difícil inserción social.

A Escola de Vela Adaptada do club para persoas con discapacidade, a limpeza constante durante os eventos, o feito de evitar usar artigos desechables e o minimizar os materiais fornecidos aos participantes foron outras das actuacións valoradas por Coca Cola á hora de outorgarlle o seu selo ao Monte Real.

O club suma esta nova distinción ás de Bandeira Azul, que mantén desde 1988; a Q de Calidade Turística, que recibiu en 2018; ou o recoñecemento da ADEAC pola eliminación de barreiras arquitectónicas e atención a persoas con discapacidade. Ademais do presidente e vicepresidente do Monte Real Club de Yates, José Luis Álvarez e Alejandro Retolaza; e a responsable de comunicación de Coca Cola European Partners, María Troncoso; na reforestación levada a cabo polos alumnos da Escola de Vela MRCYB, participaron tamén o alcalde de Baiona, Angel Rodal; o presidente do Centro Juan María de Nigrán, José Santoro; e varios membros da Comunidade de Montes de Santa María de Afora.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies