spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPreto de 300 deportistas disputarán este domingo 6 de maio en Praia...

Preto de 300 deportistas disputarán este domingo 6 de maio en Praia América-Panxón o ‘II Triatlon Desafío Illas Estelas Nigrán’

preto-de-300-deportistas-disputaran-este-domingo-6-de-maio-en-praia-america-panxon-o-ii-triatlon-desafio-illas-estelas-nigranHoxe presentouse en Praia América-Panxón o ‘II Triatlon Desafío Illas Estelas Nigrán’ organizado polo Concello de Nigrán e coa colaboración da Federación Galega de Triatlon, reunirá a preto de 300 deportistas que o disputarán este domingo 6 de maio.

Nesta xornada reuniranse os mellores triatletas galegos dende a base ata os máis destacados especialistas nacionais. Trátase dunha proba puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlon e clasificatoria para o Campionato Galego 2018. Haberá catro probas, a proba popular e a proba masculina sen tempo de corte e as probas masculina e feminina clasificatorias para o Campionato Galego.

A proba popular  vai dirixida a xente que se está iniciando nesta modalidade, así coma a  menores dende os 13 anos de idade, xa que as distancias son máis asequibles que as habituais comenzando con un percorrido de natación de 300m, para continuar con 13 km de ciclismo e finalizar con 2,5km de carreira a pé.

A proba masculina sen tempo de corte está dirixida a xente cunha experiencia mínima neste deporte e federados,  disputarase sobre un percorrido natación de 750 metros, seguidamente os triatletas recollerán as súas bicicletas na transcición  e farán un percorrido de 20 quilómetros de carreira en bicicleta para rematar a proba con  5 quilómetros de carreira a pé.

As probas masculina e feminina clasificatorias para o Campionato Galego están dirixidas aos millores triatletas do panorama Galego e nacional, serán tamén sobre unha distancia de 750m de natación, 20 Km de ciclismo e 5 Km de carreira a pé e nestas probas se decidirán os campións do II Tríatlon Desafío Illas Estelas de Nigrán e ademáis repartiranse, a mulleres e homes por igual,  os 1.000€ que a proba ofrece en premios económicos.

En todas as probas  o crono non se para en ningún momento resultando gañador o participante que chega en primeiro lugar a meta.

RUTÓMETRO

Domingo 6 de maio de 2018 ás 10:00 h.

Saída proba minisprint ás 11:00 h

Saída proba masculina sen tempo de corte ás 11:00h

Saída proba  masculina con tempo de corte ás 12:20h

Saída proba feminina ás 12:30h

Hora de remate das probas: 14:10 horas aproximadamente.

A proba minisprint comezará ás 10:00 horas. A saída será  na praia de Panxón

O primeiro sector consistirá en 0,3 km de natación nun circuíto sinalizado nas inmediacións da praia. Os primeiros triatletas completarán este primeiro sector en aproximadamente 6 minutos; os últimos empregarán aproximadamente 10 minutos.

O segundo sector, de 13 km de carreira en bicicleta, comezará ás 10:07 h. saíndo da transición situada no estacionamento da praia de Panxón pola avenida Bernardo Vázquez , xiro á dereita para coller a estrada da Vía PO-325 circulando por esta vía ata a altura da rúa Doutor Ruíz onde será o punto de xiro dende onde volven polo mesmo percorrido ata a altura da transición onde se cumpre unha volta, na segunda volta entrarán na transición para a deixar as súas bicicletas e iniciar o terceiro sector.

Os triatletas de cabeza completarán o percorrido aproximadamente as 10:24 h. e os da cola ás 10:32 h.

O terceiro sector de 2,5 km de carreira a pé, farase dando unha volta a un circuíto que sae da transición pola Avenida de Canido, Avenida Praia América ata o punto de retorno dende onde volven polo mesmo percorrido ata a liña de meta situada no mesmo estacionamento da praia. Os primeiros rematarán a proba ás 10:34 h. e os últimos ás 10:45 h. aproximadamente.

A proba masculina sen tempo de corte comezará ás 11:00 na praia de Panxón

O primeiro sector consistirá en 0,75 km de natación nun circuíto sinalizado nas inmediacións da praia. Os primeiros triatletas completarán este primeiro sector en aproximadamente 9 minutos e os últimos empregarán aproximadamente 19 minutos.

O segundo sector, de 20,5 km de carreira en bicicleta, comezará ás 11:11 h. saíndo da transición situada no estacionamento da praia de Panxón pola avenida Bernardo Vázquez , xiro á dereita para coller a estrada da Vía PO-325 circulando por esta vía ata a altura da rúa Doutor Ruíz onde será o punto de xiro dende onde volven polo mesmo percorrido ata a altura da transición onde se cumpre unha volta, na terceira volta entrarán na transición para a deixar as súas bicicletas e iniciar o terceiro sector

Os triatletas de cabeza completarán o percorrido aproximadamente ás 11:44 e os da cola ás 12:10

O terceiro sector de 5 km de carreira a pé, farase dando dúas voltas a un circuíto que sae da transición pola Avenida de Canido, Avenida Praia América ata o punto de retorno dende onde volven polo mesmo percorrido ata a liña de meta situada no mesmo estacionamento da praia. Os primeiros remataran a proba ás 12:04 h e os últimos ás 12:35 h .

A proba masculina con tempo de corte comezará ás 12:20 horas e a proba feminina ás 12:30h na feminina. A saída será  na praia de Panxón

O primeiro sector consistirá en 0,75 km de natación nun circuíto sinalizado nas inmediacións da praia. Os primeiros triatletas completarán este primeiro sector en aproximadamente 9 minutos e os últimos empregarán aproximadamente 19 minutos.

O segundo sector, de 20,5 km de carreira en bicicleta, comezará ás 12:31 h. saíndo da transición situada no estacionamento da praia de Panxón pola avenida Bernardo Vázquez , xiro á dereita para coller a estrada da Vía PO-325 circulando por esta vía ata a altura da rúa Doutor Ruíz onde será o punto de xiro dende onde volven polo mesmo percorrido ata a altura da transición onde se cumpre unha volta, na terceira volta entrarán na transición para a deixar as súas bicicletas e iniciar o terceiro sector

Os triatletas de cabeza completarán o percorrido aproximadamente ás 13:05 e os da cola ás 13:40 h

O terceiro sector de 5 km de carreira a pé, farase dando dúas voltas a un circuíto que sae da transición pola Avenida de Canido, Avenida Praia América ata o punto de retorno dende onde volven polo mesmo percorrido ata a liña de meta situada no mesmo estacionamento da praia. Os primeiros remataran a proba ás 13:22 h e os últimos ás 14:10 h .

- Publicidade -spot_img