spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSilva anuncia, na presentación da nova musealización do Castelo de Soutomaior, varias...

Silva anuncia, na presentación da nova musealización do Castelo de Soutomaior, varias xornadas de portas neste mes de maio

silva-anuncia-na-presentacion-da-nova-musealizacion-do-castelo-de-soutomaior-varias-xornadas-de-portas-neste-mes-de-maioA presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, e á deputada da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Eva Vilaverde, visitaron esta mañá a nova musealización do Castelo de Soutomaior acompañados de xornalistas e turoperadores da provincia. Silva, que anunciou xornadas de portas abertas para desfrutar durante este mes da actuación realizada, amosouse emocionada polo resultado e por “sacar ao castelo dun uso partidario para convertelo no símbolo do turismo na provincia”.

A musealización do Castelo de Soutomaior, que será inaugurada o 11 de maio “un evento no que haberá sorpresas moi relevantes”, vai permitir, en palabras de Silva, “coñecer o noso territorio e a nosa historia, porque nas pedras deste castelo está escrita a historia de Galicia e, desde o 13 de maio, poderémola ver grazas ao proxecto de musealización que impulsamos”. Deste xeito, amais de paneis ilustrativos e informativos, a actuación aposta polas “tecnoloxías máis avanzadas, con caixas máxicas, vídeos divertidos e amenos e un mapping sorprendente”, asegurou.

silva-anuncia-na-presentacion-da-nova-musealizacion-do-castelo-de-soutomaior-varias-xornadas-de-portas-neste-mes-de-maioA presidenta da Deputación, que percorreu as distintas salas e espazos do Castelo dotadas de novos elementos interactivos, informou que este mesmo mes de maio sairán xa á venda as entradas para o castelo e que haberá entradas gratuítas ou con importantes descontos para persoas maiores, desempregadas, estudantes ou persoas con diversidade funcional.

Silva: “ten moitas historias que contar e está situado nunha paraxe de lenda”

A Deputación de Pontevedra leva investidos no seu proxecto de apertura do Castelo de Soutomaior, máis de 2 millóns de euros, que chegarán a catro millóns cando remate a lexislatura. “Antes tiñamos unha xoia escondida nun xoieiro e agora puxémola á vista, para que toda a cidadanía poida gozar dela”, asegurou a presidenta da institución en referencia á reformulación do recinto histórico impulsada polo goberno provincial. Neste eido, desde o ano 2015 impulsouse un Plan de Usos para o Castelo que determinou a orientación do Ben de Interese Cultural cara ao turismo familiar.  Deste xeito, realizáronse actuacións nos exteriores do Castelo do Soutomaior que veñen de completarse coa musealización do recinto que, dende o día 13 de maio estará aberta ao público.

silva-anuncia-na-presentacion-da-nova-musealizacion-do-castelo-de-soutomaior-varias-xornadas-de-portas-neste-mes-de-maioA presidenta da Deputación destacou que a musealización do Castelo de Soutomaior “marca un novo fito”. Neste eido, Silva amosou a súa satisfacción por acadar “que teña sido este goberno o que sacara ao castelo dun uso partidario para convertelo no símbolo do turismo na provincia de Pontevedra. Eu creo que é así como se fai provincia.  Agora é un símbolo do orgullo do que fomos, dun pobo cunha historia riquísima que durante antes nos negaron”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.