spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda presenta un novo programa individualizado de innovación para o comercio

A Guarda presenta un novo programa individualizado de innovación para o comercio

a-guarda-presenta-un-novo-programa-individualizado-de-innovacion-para-o-comercioA Casa dos Alonso acolleu a presentación da campaña de dinamización comercial «Comercio Innova», organizada polo Concello da Guarda. 

Trátase dun programa individualizado de innovación dirixido ao pequeno comercio local co que se busca favorecer a renovación e optimización da xestión deste tipo de negocios, favorecendo a súa adaptación ás novas tecnoloxías e aos novos hábitos de consumo.

Segundo explicou o rexedor local, Antonio Lomba, esta iniciativa pretende proporcionar asesoramento personalizado a cada un dos comercios participantes, focalizándose na mellora das ferramentas de promoción dos produtos, a atención á clientela, a distribución dos espazos e o control de gastos, entre outros elementos.

A responsable da empresa encargada do proxecto (Talentea), Fátima Rodríguez, presentou ante as persoas asistentes o plan do programa, que arrancará como un proxecto piloto con tres fases principais: o análise da situación de partida, a definición e posta en marcha do plan de acción e, por último, a avaliación de resultados.

Todos os comercios do municipio que desexen participar poderán facelo cumprimentando o formulario aquí anexo e remitíndoo ao correo electrónico informacion@aguarda.es ata o vindeiro 8 de maio. Para máis información, poderán achegarse á Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda e/ou consultar a páxina web www.aguarda.es.

A campaña «Comercio innova» contará co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2018.

- Publicidade -spot_img