Inicio Baixo Miño Preto de 34 mil persoas pasaron este verán pola Oficina Municipal de...

Preto de 34 mil persoas pasaron este verán pola Oficina Municipal de Turismo de Tui

preto-34-mil-persoas-pasaron-este-veran-pola-oficina-municipal-turismo-tuiPreto de 34 mil persoas pasaron este verán pola Oficina Municipal de Turismo de Tui. Estas son as cifras recollidas neste punto de información turística ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto contabilizando tanto o número de turistas coma de peregrinos. 

En concreto o maior rexistro de consultas refírese ao mes de agosto con 17.684 persoas que se achegaron ata a Oficina Municipal de Turismo, na praza de San Fernando. Deste total 14.291 foron turistas e 3.393 peregrinos. Son case 1.600 persoas máis que en agosto do ano pasado. En xullo este punto de información recibiu 11.029 consultas, das que 8.415 foron turistas e 2.614 peregrinos. Mentres en xuño demandaron información 3.119 turistas e 1.927 peregrinos, sumando en total 5.046 persoas.  No que levamos de ano 2017 a Oficina Municipal de Turismo atendeu a máis de 48 mil persoas.

O número de persoas que teñen demandando información na Oficina Municipal de Turismo son un excelente indicador do incremento do turismo en Tui, e de coma pouco a pouco se vai facendo un oco entre os principais lugares elixidos para visitar en Galicia. No mesmo senso apuntan os datos da Catedral de Tui que contabilizou 6.901 visitas en agosto e 4.475 en xullo.  Do mesmo xeito tiveron gran acollida as visitas guiadas que se ofertan á cidade medieval, á ruta xudía e á cidade histórica.

Tamén o número de peregrinos tense incrementando de xeito notable ao longo dos últimos meses, e en agosto Tui foi o segundo lugar elixido para iniciar ao Camiño despois de Sarria, desbancando deste posto á localidade francesa de S. Jean P. Port.

Tui conxuga así atractivos importantes: ser punto de saída do Camiño Portugués, xunto á súa riqueza patrimonial, histórica – non debemos esquecer que é o segundo conxunto histórico de Galicia –  e natural – co río Miño e o Parque Natural do Monte Aloia coma principais expoñentes – . Comeza a ser tamén incipiente o número de persoas que se achegan ata a Tui para coñecer os vestixios xudeus que conserva, un dos máis importantes de Galicia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies