spot_img
InicioVal MiñorBaionaO CIP Covaterreña celebrou o seu 45 aniversario cos alumnos da primeira...

O CIP Covaterreña celebrou o seu 45 aniversario cos alumnos da primeira promoción

cip-covaterrena-celebrou-seu-45-aniversario-cos-alumnos-da-primeira-promocionExalumnos e o director da primeira promoción do Centro Público Integrado Covaterreña de Baiona regresaron este luns ao colexio para celebrar o 45 aniversario da posta en funcionamento do centro escolar.

O CIP Covaterreña celebrou este luns a apertura do curso escolar 2017/2018 cunha data moi especial, o seu 45 aniversario. Exalumnos, como o actual conselleiro Jesús Vázquez Almuiña, ou o primeiro director, Joaquín Maestu, asistiron a un acto no que tamén participaron o alcalde de Baiona, Ángel Rodal; o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; a concelleira de Educación, Beatriz González, e a actual directora, Isabel Martínez, así como escolares e profesores.

Tras a inauguración do curso, os invitados percorreron o centro e saudaron os alumnos que iniciaron xa as clases. Ademais, o conselleiro de Sanidade insistiu na necesidade de hábitos saudables por parte dos escolares.

Vázquez Almuiña referiuse á infancia como o momento clave para promover e educar en saúde. Sen restar importancia ao papel da familia, o conselleiro remarcou a importancia da escola “para fomentar e consolidar habilidades en todos os ámbitos do desenvolvemento e do auto coidado da saúde, orientando aos escolares a acadar hábitos saudables”.

Neste sentido, Almuniña manifestou a súa preocupación pola porcentaxe “cada vez maior de escolares con sobrepeso, obesidade ou diabetes tipo 2 son exemplos das consecuencias derivadas, entre outros factores, dun mal patrón alimentario”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.