Inicio Pontevedra O Salnés Presentados os 54 finalistas aos II Premios Martín Códax da Música, galardóns...

Presentados os 54 finalistas aos II Premios Martín Códax da Música, galardóns que contan co apoio da Consellería de Cultura e Educación

O director da Agadic, Jacobo Sutil, asistiu en Cambados ao acto de presentación de nomeados á segunda edición dos premios que organiza a asociación Músicos ao Vivo

A gala de entrega terá lugar o vindeiro 17 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra

Presentados os 54 finalistas aos II Premios Martín Códax da Música, galardóns que contan co apoio da Consellería de Cultura e EducaciónA asociación Músicos ao Vivo fixo pública, nun acto que tivo lugar esta noite en Cambados, a relación dos 54 proxectos, solistas e grupos que concorren como finalistas aos II Premios Martín Códax da Música, uns galardóns anuais que volven contar co apoio da Consellería de Cultura e Educación para promover a música galega e os seus intérpretes.

As instalacións das adegas Martín Códax na localidade pontevedresa reuniron, como principal empresa patrocinadora dos premios, todos os colaboradores da organización e os protagonistas das candidaturas nomeadas nas diferentes categorías.

En representación da Consellería, asistiu o director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Jacobo Sutil, quen felicitou a todos os seleccionados e reiterou o apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa.

Durante o acto presentáronse tamén as primeiras estatuíñas rematadas no obradoiro do escultor e músico Víctor Lorenzo, coas que se farán os premiados na gala que se celebrará o vindeiro 17 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Alí, ademais de recoñecer os 18 gañadores que sairán da listaxe de finalistas, entregarase tamén o Premio Honorífico Músicos Ao Vivo a N.H.U., a mítica banda galega de rock progresivo dos 70.

Esta é a relación de categorías e finalistas:

Pop e indie: Ataque Escampe / Silvia Penide/ Los Chavales
Rock: Cró / Narf Trío / The Cornelius
Blues, funk & soul: Cats and Monkeys / Bakin Blues Band / Victor Aneiros
Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá / Felipe Villar Trío / Xan Campos Trío
Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza / Som do Galpom / Aid Alonso
Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430 / Sounding Images / Samuel Diz
Folque: Vaamonde, Lamas e Romero / Cuarteto Caramuxo / Caxade
Música tradicional galega: Treixadura / Davide Salvado / Malvela
Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores / Trilitrate / 2uS
Canción de autor: A Cada Canto / Xoel López / Xoán Curiel
Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc / Xiqui Xoque Fiú Fiú! / Golfiños
Electrónica: Sub Rosa / Pálida / Chrysalid9
Metal: Aphonnic / Nao / Machina
Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi / Dakidarría / Transilvanians
Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Os Modernos / Los Satélites / Claxxon
Premio Organistrum Salas: Aturuxo / Garufa Club / Sala Capitol
Premio Organistrum Festivais: Espazos Sonoros / Festigal / Festival Sinsal Son Estrella Galicia
Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: GZMúsica / Planeta Furancho / Tres Peixes Voando

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies