Inicio Galicia A Xunta e a Fundación Galicia Sustentable lanzan a web www.somospaisaxe.com

A Xunta e a Fundación Galicia Sustentable lanzan a web www.somospaisaxe.com

A finalidade deste portal é a de contribuír a que xurda unha conciencia social sobre a importancia dos retos que hai que afrontar desde a paisaxe como elemento estratéxico de competitividade

Para conseguir esta implicación, o Instituto de Estudos do Territorio xunto coa Fundación Galicia Sustentable, ten traballado nun proceso atractivo para achegar a Estratexia Galega da Paisaxe á poboación que se estrutura en tres etapas: coñecer, comprender e actuar

Acompaña á presentación do portal web unha primeira entrega da serie de vídeo Pequepaisaxes, para que nos expliquen cuestións relacionadas coas paisaxes

A Xunta e a Fundación Galicia Sustentable lanzan a web www.somospaisaxe.com para contribuír á implicación da sociedade na defensa da riqueza territorial de GaliciaA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Fundación Galicia Sustentable veñen de poñer en marcha a web www.somospaisaxe.com co obxectivo de contribuír á implicación da sociedade na defensa da riqueza territorial de Galicia. Esta actuación enmárcase na colaboración da Xunta coa Fundación Galicia Sustentable, destinada a levar a cabo distintas actividades que potencien a difusión, divulgación e a participación social na paisaxe.

A finalidade deste portal é a de contribuír a que xurda unha conciencia social sobre a importancia dos retos que hai que afrontar desde a paisaxe como elemento estratéxico de competitividade, de forma que a poboación estea máis preparada para participar nos procesos administrativos e, tamén, para a toma de decisións con efectos directos sobre a xestión da paisaxe.

Para conseguir esta implicación, o Instituto de Estudos do Territorio (ITT), organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, xunto coa Fundación Galicia Sustentable, ten traballado nun proceso atractivo para achegar a Estratexia Galega da Paisaxe á poboación que se estrutura en tres etapas: coñecer, comprender e actuar.

O portal web nace con utilidades avanzadas que se irán activando a medida que avance o proceso de planeamento da Estratexia Galega da Paisaxe e que servirán como acompañamento didáctico dos pasos que está previsto se dean no seu deseño e aprobación.

Porén, resulta recomendable a subscrición por email a Somos Paisaxe, así como o acompañamento nas súas redes sociais para recibir cumprida información das múltiples actividades e eventos que terán lugar a partires do próximo mes de Xaneiro.

Unha comunicación atractiva
No marco máis amplo que supón o convenio entre a Fundación Galicia Sustentable e o Goberno galego, está a xeración de contidos sobre a paisaxe a nivel divulgativo para tratar de implicar á sociedade no respecto e a posta en valor da paisaxe e do territorio.

Nesta liña, acompaña á presentación do portal web unha primeira entrega da serie de vídeo Pequepaisaxes na que nos achegamos ás máis pequenas e aos máis pequenos para que nos expliquen cuestións relacionadas coas paisaxes.

Nas vindeiras semanas continuarán a se publicar novas series de vídeos que tratan de achegarnos a paisaxe dun xeito diferente e moi achegado á realidade cotiá.

Máis información en
http://www.somospaisaxe.com

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies