Inicio Pontevedra Inauguración da mostra fotográfica “I T I N E R A N...

Inauguración da mostra fotográfica “I T I N E R A N C I A (S)”, de Santi Vega no IEM.

Continuando co calendario exposicións de arte  na Aula de Cultura Ponte de Rosas, o vindeiro venres día 28, arranca a mostra fotográfica “ITINERÁNCIA(S)”, unha selección de traballos de fotografía de gran e pequeno formato da colección autoría de Santi Veiga.

A colección de Santi Vega vén de ser seleccionada pola Fundación AENA para o seu catálogo de fotografía 2014, no marco do Premio Nacional que outorga a institución. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, dende o 2012 a súa obra forma parte da galería About Art de Pontevedra. Para os miñoranos e miñoranas, a figura de Santi é moi próxima pois exerceu ata hai pouco o sacerdocio ao fronte das igrexas parroquiais de Camos, Priegue e Parada, onde acolleu xeiras e eventos organizados polo IEM no eido da difusión do patrimonio cultural. Ademais, é un activo colaborador e participante das actividades da nosa asociación. Na actualidade exerce como crego da igrexa O Rocio de Coia.

O acto inaugural contará coa presentación do seu traballo e traxectoria a cargo doutro membro da casa, o artista plástico Fernando Casás, así como dos coordinadores da Aula, os compañeiros Antonio Soliño Troncoso e Fino Lorenzo. Rematado o coloquio, compartiremos  co artista un xeitoso viño das Bodegas Terras Gaudas, e unhas gorentosas roscas da Panadería Copena de Gondomar, entidades amigas e fornecedoras da sala de exposición.

Será o vindeiro venres 28 de novembro ás 20:30 horas na Avenida da Feira Nº10, baixo Gondomar.

Inauguración da mostra fotográfica “I T I N E R A N C I A (S)”, de Santi Vega no IEM.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies