spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPresentación do Grupo Deportivo Ciclista 'Supermercados Froiz' na Deputación de Pontevedra

Presentación do Grupo Deportivo Ciclista ‘Supermercados Froiz’ na Deputación de Pontevedra

presentacion-do-grupo-deportivo-ciclista-supermercados-froiz-na-deputacion-de-pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o fundador da empresa Froiz, Magín Froiz, acompañados pola deputada de deportes Chelo Besada, concelleiros de Pontevedra e Poio e o ex ciclista Álvaro Pino, acolleron ó grupo deportivo ciclista “Supermercados Froiz” na presentación da plantilla de corredores e corpo técnico.

comillasMagín Froiz “aposta da empresa polo equipo ciclista débese a que cremos que o deporte fai ás persoas máis responsables”.

Magín Froiz, quen amosou o seu agradecemento á Deputación de Pontevedra polo apoio prestado, destacou que a aposta da empresa polo equipo ciclista “débese a que cremos que o deporte fai ás persoas máis responsables”.

Pola súa banda, Carmela Silva subliñou que “as administracións públicas debemos apostar polo deporte pola súa capacidade para o fomento de hábitos saudables pero, sobre todo, por ser un  dos instrumentos máis importante de socialización”. Neste contexto, a  Presidenta destacou o exemplo e responsabilidade social da empresa Froiz, “que aporta parte dos seus beneficios en apoiar ó deporte”.

Amais, Carmela Silva manifestou que “un dos deportes que ten dado máis satisfacción á provincia de Pontevedra é o ciclismo, de feito temos aquí a un dos grandes ciclistas do noso país, Álvaro Pino, que levou o nome da nosa provincia polo mundo adiante”.  A Presidenta rematou desexando moito éxito deportivo ó grupo ciclista “Supermercados Froiz”.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.