spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona acolle este fin de semana o Campionato Provincial Escolar de Campo...

Baiona acolle este fin de semana o Campionato Provincial Escolar de Campo a Través

baiona-acolle-este-fin-de-semana-o-campionato-provincial-escolar-de-campo-a-traves

A presentación da proba realizouse no Salón de Plenos do Concello de Baiona, nun acto no que estiveron presentes o alcalde, Angel Rodal, a concelleira de Deportes, María Jesús Martíns, o Delegado Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, o Director Técnico da Federación Galega de Atletismo, Óscar Fernández, e o Presidente da Agrupación Viguesa de Atletismo, Eleuterio García.

A Praia da Ladeira en Baiona, é o escenario elixido pola Xunta de Galicia para que este sábado pola mañá preto de 900 escolares da provincia de Pontevedra, participen no Campionato Provincial Escolar de Campo a través, a través do programa Xogade da Secretaría Xeral para ou Deporte.

Ás 10.30 iníciase o campionato coas categorías de benjamines, de idades de 8 e 9 anos; para concluír ao fío da unha coa carreira cadete masculino, os de 14 e 15 anos.

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVES 2016 (Copiar)PARTICIPANTES

Poderán participar todos os colexios, ANPAS, asociacións e clubs que se teñan clasificado nos respectivos campionatos zonais da provincia, que cumpran os requisitos de mutualización no programa XOGADE e que fagan a súa inscrición nesta proba.

DORSAIS

Os dorsais serán facilitados pola organización ate 30 minutos antes do comezo da proba. Só se permitirá o uso dos dorsais facilitados. Sería conveniente que os dorsais se asegurasen con imperdibles.

PREMIOS

La entrega de premios está prevista a las 13:00 horas

Entregaranse medallas aos 3 primeiros clasificados individuais de cada categoría, e trofeos aos 3 primeiros equipos clasificados de cada unha.

CLASIFICACIÓNS

Estableceranse dúas clasificacións:

  • Individual. Segundo a orde de entrada na meta.
  • Por equipos. A puntuación dos equipos resultará da suma dos puntos obtidos polos 4/3 atletas mellor clasificados de cada equipo, e gañará o equipo que menos puntos sume. No caso de producirse un empate entre 2 ou máis equipos, resolverase a favor do equipo no que obtivera a mellor clasificación o último dos seus corredores que puntúe. Aqueles equipos que non cheguen á meta cos 4 ou, se é o caso, 3 atletas dos que puntúan, non puntuarán como equipo.

Para o campionato galego (alevín, infantil e cadete) clasificaranse os 2 mellores equipos de cada fase provincial, así como os 8 primeiros atletas clasificados individualmente que non estiveran incluídos nos equipos clasificados. En ningún caso se correrá o posto de invitado aos atletas que chegaran a partir do 8º clasificado.

En casos excepcionais, ou por interese da selección galega, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá autorizar a participación de atletas a título individual que non participasen no campionato provincial, previa proposta razoada da FGA, e debidamente documentada.

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.