spot_img
InicioVal MiñorBaionaPresentación da V Gala do Deporte Baiona 2015

Presentación da V Gala do Deporte Baiona 2015

O próximo día 20 de febreiro de 2016, no Auditorio V centenario de Baiona daranse a coñecer os gañadores das diferentes categorías da V Gala do Deporte 2015 asi como as mencións especiais outorgadas.

presentacion-da-v-gala-do-deporte-baiona-2015Esta mañá o alcalde de Baiona acompañado por parte do seu equipo de goberno, presentou oficialmente a Gala do Deporte na súa V Edición. Y xunto a eles Rubén o presentador da Gala e os padriños, Franco Cobas (remeiro olímpico, que participou na Olimpíadas de Roma de 1960) e o Director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta.

Na súa intervención Angel Rodal insistió na importancia do práctica deportiva na vida diaria, indistintamente da idade que se teña e con respecto á Gala resaltou que “todos polo feito de ser nomeados, xa son gañadores, pois é o reflexo do esforzo de todo o ano, dos deportistas e das familias que os apoian”.

E adiantou a sorpresa, este ano a Mención Especial é para o Club de Fútbol de Sabaris.

presentacion-da-v-gala-do-deporte-baiona-2015

A concelleira de Deportes María Jesús Martins lembrou as 7 categorías nas que se que participa e subliñou que os gañadores son elixidos por votación popular.

Unha vez finalizado o prazo de votacións e unha vez contabilizados e avaliados os votos estos son os nomes dos finalistas nas diferentes categorías premiadas, sendo nesta V Edición do 2015 :

  1. Mellor deportista Masculino de Baiona 2015
  • Adrian Valverde (Ciclismo).
  • Antonio Liébanas (Atletismo, Triatlon, Remo).
  • Omar Rodriguez (Lucha).
  1. Mellor deportista femenino de Baiona 2015.
  • Josefa Mosquera (Atletismo).
  • Esther Gomez Senra (Tenis).
  • Andrea Pais (atletismo).
  • Mila López (Handbike).
  1. Mellor deportista Masculino de Base 2015
  • Diego Otero (lucha).
  • Brais Gomez Cima (ciclismo).
  • Gonzalo Martinez (vela Ligera).
  1. Mellor deportista femenino de Base de Baiona 2015
  • Silvia Marcote (Tiro con arco).
  • Andrea Perez Fernandez (Atletismo, Triatlon).
  • Jimena Gil (Fútbol).
  1. Mellor Patrocinador Deportivo Baiona 2015
  • Agua sana.
  • Deportes Gol.
  • La Caixa.
  1. Mellor Entidad Deportiva Baiona 2015
  • Peña Moteros Val Miñor.
  • Bahiña f-sala.
  • Erizana CF.
  1. Mellor Evento Deportivo Baiona 2015
  • Trail Serra da Groba 2015.
  • Andar e Correr 2015.
  • Campus de Verano La caixa 2015.
- Publicidade -spot_img