spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán prepárase para celebrar o desfile de Entroido nocturno no centro do...

Nigrán prepárase para celebrar o desfile de Entroido nocturno no centro do municipio

carnavalNa comitiva participan dez comparsas, que percorrerán a rúa principal da localidade para rematar a festa na praza do consistorio

O Concello de Nigrán xa ten todo a punto para celebrar o desfile de Entroido nocturno, que terá lugar mañá pola noite no centro do municpio. A comitiva, na que participarán dez comparsas, sairá ás 21:30 horas da rúa Rosalía de Castro ata a praza do consistorio, onde o xurado determinará quen se leva cada uno dos oito premios a repartir.

comillasDJ Kokito e Pablo Chichas amenizarán a xornada, na que o grupo Alféizar será o encargado de pór o broche final

O presentador do evento será DJ Kokito, que estará acompañado polo monologuista Pablo Chichas, e o grupo Alféizar será o encargado de pór o broche final a unha noite de troula. Tanto Kokito como Chichas formarán parte do xurado, integrado ademais pola concelleira de Turismo, Cultura, Xuventude e Igualdade, Ana Pérez, o concelleiro de Deportes e Educación, José Luis Sanromán, e membros de asociacións de Nigrán que non participan no desfile.

comillasAs comparsas participantes sairán na seguinte orde: Club airexa, Baíña sorríe, Furancho macanudos, Vén a xogar connosco, Os terribles de Tebra, Casi minions, Voltamos, Panatropa do cruseiro, Gnomo amoles e baila e Habelas,hainas

Entre as gañadoras repartiranse un total de oito premios entre os participantes. A agrupación gañadora recibirá 600 euros, o segundo premio será de 500 euros, o terceiro de 400, o cuarto de 350 euros, o quinto, serán 300 euros, o sexto 250, o séptimo 200, o oitavo 150 e o noveno 100 euros.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.