spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona presenta na Deputación de Pontevedra a súa 'Festa...

O Concello de Baiona presenta na Deputación de Pontevedra a súa ‘Festa da Arribada’ maís internacional

a-xxi-edicion-de-a-arribada-tera-un-dia-mais-de-celebracion-en-baiona-con-motivo-da-sua-declaracion-como-festa-de-interese-turistico-internacional

O alcalde de Baiona, Angel Rodal, e a Concelleira de Cultura de Baiona, María Iglesias e a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañados polos deputados provinciais de Turismo e Cultura, Santos Héctor Rodríguez e Xosé Leal, presentan este venres, 19 de febreiro, ás 12:00 horas, a XXI edición da Festa da Arribada de Baiona, recentemente declarada de interese turístico internacional e que se celebrará os días 4, 5 e 6 de marzo.

arribada 2016Nun ano tan especial, o Concello baionés escolleu este ano a cidade de Pontevedra e a Deputación Provincial como o mellor escenario para a presentación da súa festa máis emblemática como fixo outras ocasións noutras cidades de Galicia, Portugal ou Castela-León

Durante o transcurso da presentación da Festa da Arribada daranse a coñecer os principais actos e novidades organizados con motivo do 523 aniversario da arribada da Carabela Pinta a Baiona, convertendo á vila na primeira localidade do vello continente en recibir as noticias do descubrimento de América.

O acto de presentación será público no hall do Pazo Provincial da Deputación no que, ademais da presenza das autoridades, algunhas delas vestidas de época, poderase ver en primicia o vídeo de presentación do Real Mercado Medieval da Arribada deste ano, e unha pequena representación escénica da man do ‘Bruxo Queiman e Andrea Pousa’.

Os asistentes tamén poderán gozar dos doces típicos da Arribada.

- Publicidade -spot_img