spot_img
InicioVal MiñorNigránO alcalde de Nigrán amósalle "in situ" o deterioro do ecosistema dunar...

O alcalde de Nigrán amósalle “in situ” o deterioro do ecosistema dunar de Panxón ao Delegado da Xunta de Galicia en Vigo

o-alcalde-de-nigran-amosalle-in-situ-o-deterioro-do-ecosistema-dunar-de-panxon-ao-delegado-da-xunta-de-galicia-en-vigo

López-Chaves  comprometeuse a trasladar o problema ao ente autonómico e buscar a un experto para propoñer unha solución adecuada

O alcalde de Nigrán, Juan González, aproveitou a presenza do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, para amosarlle “in situ” o deterioro do ecosistema dunar de Panxón e Praia América. López-Chaves puido comprobar de primeira man os estragos que está a causar o cambio do curso do río Muíños no areal e adquiriu o compromiso de comunicar á Xunta o impacto que está a sufrir este espazo natural, así como intentar buscar a un experto para detectar de onde vén o problema e propoñer unha solución adecuada.

o-alcalde-de-nigran-amosalle-in-situ-o-deterioro-do-ecosistema-dunar-de-panxon-ao-delegado-da-xunta-de-galicia-en-vigo

Este compromiso súmase á petición do rexedor ao vicepresidente da Xunta e da que aínda non obtivo reposta

“Este compromiso vén reforzar a determinación do Concello de Nigrán por intervir canto antes para frear a degradación do sistema dunar”, afirma González. A vontade do delegado territorial súmase á petición que o rexedor realizou ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, hai máis de quince días e da que aínda non obtivo resposta.

“O noso propósito é facer entender á Xunta de Galicia que é necesario realizar actuacións urxentes no areal, xa que o seu deterioro non cesa e o chanzo entre a praia e o espazo dunar agrávase cada día máis, sobre todo, cando hai chuvias intensas na localidade”, expresa o rexedor.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.