Inicio Baixo Miño A Guarda Presentación da I Edición do Festival Folclore no Camiño Portugués da Costa

Presentación da I Edición do Festival Folclore no Camiño Portugués da Costa

Presentación da I Edición do Festival Folclore no Camiño Portugués da CostaOrganizado pola Asociación Cultural Interfolc, conta co patrocinio da Xunta e coa colaboración dos concellos de A Guarda, O Rosal, Baiona, Oia e Redondela

A delegada territorial en Vigo, Corina Porro, recibiu hoxe no seu despacho aos representantes da Asociación Cultural Interfolc ante o inicio este sábado no Concello de A Guarda da I edición do Festival Folclore no Camiño Portugués da Costa.

Esta iniciativa, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través de O teu Xacobeo e coa colaboración dos concellos de A Guarda, O Rosal, Baiona, Oia e Redondela, nace coa idea de divulgar polos municipios que atravesa o Camiño Portugués da Costa as danzas, músicas, cancións e vestiarios relacionados co folclore.

Así llo trasladou á delegada territorial o presidente de Interfolc e da Banda de Gaitas Xarabal, Roberto Giráldez, quen avanzou que no festival actuarán grupos locais dos concellos participantes, as agrupacións viguesas que forman Interfolc e unha ampla representación portuguesa. Á reunión acudiu tamén Paula Sotelino, presidenta da Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas, e Pablo González, da Asociación Folklórica Corisco.

O Festival, que arranca este sábado no Auditorio San Bieito na Guarda a partir das 20.00 horas, arribará no Auditorio V Centenario de Baiona o 6 de outubro ás 18.00 horas; visitará a Praza do Calvario de O Rosal o día 13; e chegará o día 19 ás 17.00 horas á Praza Centinela de Oia para culminar o Camiño Portugués da Costa en Redondela o 20 de outubro na Casa da Torre ás 18.00 horas.

Unha completa programación que, en palabras de Corina Porro, ofrece unha oportunidade única para gozar cunha das esencias do pobo galego, “a riqueza cultural de Galicia non se circunscribe ao idioma, sen dúbida podemos presumir e o facemos dun rico patrimonio folclórico”. Trátase dunha experiencia coa que “se pon en valor o patrimonio inmaterial das poboacións polas que transcorre o Camiño”, apuntou.

Xa para rematar, a representante autonómica desexoulles aos organizadores do Festival no Camiño os maiores éxitos nesta primeira edición ata chegar á madurez acadada polo Festival Folclórico Internacional de Vigo, que organiza Interfolc desde o ano 1994.

Presentación da I Edición do Festival Folclore no Camiño Portugués da Costa

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies