Inicio Val Miñor Baiona Os tres alcaldes do Val Miñor analizan co delegado da Zona Franca,...

Os tres alcaldes do Val Miñor analizan co delegado da Zona Franca, proxectos económicos para a comarca

Os tres alcaldes do Val Miñor analizan co delegado da Zona Franca, proxectos económicos para a comarcaPara poñer ao dispor de todas as persoas que queiran emprender un novo negocio ou sacar a diante unha micropeme, esta mañá o delegado de Zona Franca acompañou aos tres alcaldes do Valle na visita á Casa do Reloxo de Baiona.

Durante a visita, ademais de asuntos a favor do emprendemento, os catro responsables aproveitaron o encontro para tratar temas de desenvolvemento económico nos que está implicada a Zona Franca como a futura ampliación do polígono da Pasaxe, en Gondomar, os novos proxectos de Porto do Molle e a actividade da propia Casa do Reloxo en Baiona.

Este espazo singular que acolle a 38 postos de coworking e seis oficinas, ademais de salas de reunións de uso común, xa é un lugar de referencia tanto pola calidade da súa arquitectura que, cun deseño moi actual, rehabilitou o histórico edificio que chegou a albergar o antigo concello de Baiona, como pola activación de novos negocios. Nestes momentos a Casa ten ocupadas ao cento por cento as súas oficinas con empresas de xestión do patrimonio; de recursos turísticos en inglés centrados no camiño de Santiago; un gabinete de arquitectura; unha empresa de produto galego de delicatessen; un estudo de deseño gráfico e unha ten online de bonos regalo de saúde e benestar en hoteis, spas, balnearios e centros de talasoterapia.

o-viveiro-de-empresas-de-baiona-casa-do-reloxo-acollera-un-curso-gratuito-de-ingles-para-o-sector-turistico-de-baiona

De todas estas empresas Regades mostrou a súa satisfacción polo feito de que nun 80 por cento estean dirixidas por mulleres e cunha media de idade das súas usuarias de entre 30 e 45 anos “está claro que a diversificación dos negocios e o futuro da comarca está a ser liderado por mulleres” declarou. Pola súa banda, para dar maior flexibilidade de uso dos espazos de coworking -que actualmente teñen un horario atendido por un técnico municipal de 8 a 15 horas-, está a facilitarse que os emprendedores dispoñan da súa propia chave de acceso. Entre os usuarios deste espazo compartido están tamén investigadoras da Universidade, iniciativas de turismo e de informática, entre outros.

Pola súa banda, os tres alcaldes destacaron as vantaxes do coworking e animaron aos emprendedores para traballar desde estes espazos compartidos, unha modalidade de traballo en auxe en todas as cidades europeas polo seu atractivo tanto para pequenos empresarios como autónomos xa que aquí pódese alugar un posto de traballo por un breve período de tempo para facer as súas xestións empresariais e recibir a clientes nas súas salas de reunións.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies