Inicio Vigo e área Mos A Aula de Integración de Mos cumple 10 anos mellorando a convivencia...

A Aula de Integración de Mos cumple 10 anos mellorando a convivencia no Instituto

A Aula de Integración de Mos cumple 10 anos mellorando a convivencia no InstitutoO Concello de Mos dálle continuidade no presente curso escolar 2019-2020 ao “Proxecto de Intervención Educativa para a mellora da Convivencia Escolar”

O Concello de Mos iniciou coa chegada de Nidia Arévalo á Alcaldía, no ano 2009, un programa pioneiro dirixido aos estudantes expulsados do IES de Mos. Ademais de ofrecer servizo e asistencia aos expulsados, este proxecto traballa tamén en materia de prevención con alumnos e alumnas que deciden voluntariamente formar parte da Aula de Integración.

A bautizada como Aula de Integración ou “Proxecto de Intervención Educativa para a mellora da Convivencia Escolar” foi promovida na súa creación pola concellería mosense de Educación que naquel entón dirixía a edil Julia Loureiro. A concelleira Loureiro volveu retomar a dirección do departamento municipal de Educación na presente lexislatura.

Tras 10 anos de historia, e unha década de traballo, extráense datos importantes da evolución das expulsións no Instituto mosense e dos expulsados que deciden participar como usuarios da Aula de Integración do Concello de Mos; así como do alumnado que participa orientado á prevención de expulsións.

CURSOTOTAL EXPULSADOS IESUSUARIOS AULA
2009-20104724
2010-20113514
2011-20121812
2013-20142824
2014-20151911
2015-20161522
2016-201744
2017-2018+ de 5050
2018-20199419
TOTAL310180

 

Da memoria sobre a Aula de Integración do curso pasado extráese que o alumnado acudiu á aula sen problemas destacables sempre tentando que fixeran as súas tarefas e cambiasen a súa conducta e aconsellarlles para que non se repetira a conducta. A conclusión da psicopedagoga encargada da mesma foi de ter obtido un resultado satisfactorio a pesar de que, tendo como referencia datos de anos anteriores, produciuse un aumento do número de expulsións no Instituto. Nos cursos anteriores, segundo os datos recadados, o número de expulsados é moito menor que nos dous últimos cursos.

O bo resultado da Aula de Integración depende en moito da implicación das familias. O apoio familiar é fundamental, de nada sirve que o alumnado acuda á aula de integración se logo as familias non mostran interese polo que alí pasa, de eles tamén depende a evolución e o cambio na conducta dos seus fillos/as.

A Aula de Integración, ubicada físicamente no centro Multiusos das Pozas, é un espazo para que estudantes expulsados do IES durante un período de tempo atopen un contorno adecuado para recapacitar e preparar a súa correcta reinserción na comunidade escolar tras o período de sanción ou expulsión. Este é o décimo ano de actuación da Aula de Integración de Mos, cuia continuidade ven avalada polos bos resultados acadados nas anteriores edicións.

Segundo explica a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, “pretendemos dar cabida ao fomento, apoio e asistencia do Instituto co servizo da Aula de Integración para presente curso, dirixido a promover a mellora da convivencia escolar”. “Este servizo educativo ten un carácter complementario, compensatorio e social, especialmente destinado a garantir a efectividade da educación, de ahí a súa importancia”, insiste Loureiro. Asimesmo, a Aula de Integración é un servizo complementario que presta a administración local contribuíndo con el á mellora da calidade da convivencia entre o alumnado do IES e cumprindo unha función social e educativa.

O funcionamento da Aula de Integración baséase na resolución de conflitos e está dirixido para promover cambios en alumnos con problemas conductuais en aras de acadar unha mellora notable na convivencia escolar. Neste sentido, dende a administración local proporciónase persoal técnico cualificado para o óptimo desenvolvemento deste Proxecto de Colaboración do Concello coa Comunidade Educativa do IES de Mos denominado “Proxecto Educativo para a mellora da convivencia escolar no IES de Mos”.

As propostas de mellora da Aula de Integración para o presente curso escolar 2019-2020 contemplan a implicación de toda a comunidade educativa para conseguir a efectividade do programa. Considérase necesario que existan reunións de mediacións entre o alumnado e o/a docente implicado que retrasen e eviten a expulsión como castigo. Tentando mediar antes da expulsión.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies