Inicio Baixo Miño Presentación da Cofradía Cabaqueiros do Viño do Rosal

Presentación da Cofradía Cabaqueiros do Viño do Rosal

Presentación da Cofradía Cabaqueiros do Viño do RosalO Lagar de Eiras foi o lugar elixido un ano máis para a presentar a Feira do Viño do Rosal que este ano celebra a súa 27ª edición, acto que serviu para presentar tamén a Confraría de Cabaqueiros do Viño do Rosal na que están enmarcadas prácticamente a totalidade de adegas da zona O Rosal. 

Interviron a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e Erinque Costas Rodriguez como presidente da Asociación de Adegas do Rosal. Así mesmo, estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Sara Vicente Salcidos, e representantes das diferentes adegas e participantes na feira deste ano, que terá lugar os días 12, 13 e 14 de xullo na Praza do Calvario.

Ánxela Fernández, informou sobre as diferentes actividades programadas e outros detalles. Destacando a importancia de ter o “viño como centralidade do evento e da capacidade de conectar con él distintos ámbitos, como os culturais e gastronómicos.”

Pola súa banda, Enrique Costas lembrou a creación o pasado ano da Asociación Adegas do Rosal, “coa vocación de preservar os valores de  a Feira, entre outras cousas que desenvolveremos, na medida que todos entendemos que para crecer fóra, para abrir mercados, para ter identidade, é imprescindible ter as raíces onde naciches e onde creces.” Na mesma liña, Costas destacou que a Asociación empresarial nace co obxecto de representar ao sector vitivinícola das Rías Baixas nesta zona do Rosal e contribuir así á mellora da súa competitividade. E no que respecta á Cofradía, o presidente da Asociación explicou por que escolleron o nome de cabaqueiros. “Inspíranos, primeiro para preservar e recoller a esencia deses artesáns que nos séculos XVIII e XIX foron motor socioeconómico da zona, que foron quen de imprimirlle un selo único ao seu oficio, distinguirse e poñelo en valor e iso creo que é o escenario que debemos de buscar todos a excelencia e a diferenciación e tamén matizar que desde a Asociación poñer en valor que é o sector vitivinícol e concretamente a adegas con D.O.”

Presentación da Cofradía Cabaqueiros do Viño do Rosal

A Asociación Adegas do Rosal

A día de hoxe esta entidade asociativa se conforma polas nove adegas amparadas pola Denominación de Orixe Rías Baixas, que traballan xuntas por acadar estes obxectivos e contribuír así tamén ao desenvolvemento socioeconómico local.

Neste primeiro ano de traballo conxunto, se identificaron e definiron liñas de acción prioritarias que, desenvolvidas a curto prazo, promoveran un fortalecemento produtivo e unha mellora da profesionalización sectorial. En concreto, e conscientes da singularidade que lle repercute ao produtos vitivinícolas as cualidades da comarca e concretamente do municipio do Rosal, é que se pon en marcha a Confraría dos Cabaqueiros do Viño do Rosal.

Unha Confraría a través da que fundamentalmente se pretende facer honra á calidade do viño producido no Rosal e amparado baixo a Denominación de Orixe “Rías Baixas”, ligada ás peculiaridades do territorio: naturais, sociais, culturais e económicas.

E, como o propio nome desta entidade indica, a través da que se traballa por facer honra a esas persoas que durante moitos anos, foron quen de manter un sector tradicional e artesanal, representativo deste territorio: Os Cabaqueiros. Elaboradores artesanais de tella e ladrillo durante os séculos XVIII e XIX, foron quen de monopolizar a explotación deste oficio pola elevada destreza que adquiriron ao longo dos anos. Un oficio fortemente ligado ao municipio do Rosal, que lle imprimiu carácter e que contribuíu ao seu desenvolvemento socioeconómico.

Por último, a través desta Confraría se fará tamén honra do municipio do Rosal, do territorio, da peculiar xeografía e climatoloxía, dos seus produtos, da súa tradición e da súa xente e arraigo cultural. Como conclusión, a MISIÓN como confraría é exaltar a riqueza vitivinícola do viño Rosal, D.O. Rías Baixas, Subzona do Rosal e a tradición cabaqueira, a través de diferentes manifestacións artísticas, literarias, sociais, culturais, etc. Contribuíndo así ao incremento do coñecemento e da apreciación social local efora do territorio, destes elementos patrimoniais.

A VISIÓN é a de fortalecerse como entidade social vinculada ao recoñecemento do viño do Rosal, a través do crecemento tanto en número de cofrades, como diversificando accións e actividades que promovan interaccións dos axentes ligados a este sector e ao territorio.

E, xa por último, os valores sobre os que se articulan as accións desenvolvidas son: a calidade, o compromiso, a irmandade, a conserva do patrimonio e a responsabilidade.

O funcionamento desta Confraría, se articula segundo a seguinte estrutura:

Confrares fundadores:

As nove adegas que poñen en marcha e constitúen a Asociación Adegas do Rosal

  1. Terras Gauda
  2. Adegas Val Miñor
  3. Lagar de Pedregales
  4. Quinta de Couselo
  5. Adegas Novás
  6. Bodega Aforado
  7. Altos de Torona
  8. Lagar de Cervera
  9. Santiago Ruiz

– Confrares de honra: entidades ou persoas cun peso e unha traxectoria ligada ao ámbito sectorial vitivinícola, de gran notoriedade ou ben ligada ao desenvolvemento social, económico, cultural ou natural do territorio, ámbito de actuación. Estas entidades/persoas serán propostas para ser partícipes da Confraría, polos Confrares fundadores.

– Confrares: outras persoas e ou entidades que, se ben non teñen a relevancia dos anteriores, sí tamén contribuíron ou contribúen a día de hoxe ao desenvolvemento local e á mellora da competitividade sectorial. Así mesmo, estas persoas serán tamén propostas para ser partícipes da Confraría, polos propios Confrares fundadores.

Todos estes confrades terán dereito a ostentar a roupaxe e emblema propio desta entidade, tanto no acto propio de investidura, coma en cantos actos organice a Confraría, ou se asista en representación da mesma. Os emblemas propios desta confraría son un sombreiro estilo panamá, un broche de solapa e unha placa en bronce, todos eles co emblema ou imaxe da confraría.

A dinamización desta entidade pasa por levar a cabo accións asociativas nas seguintes liñas, có obxecto de contribuír a resalzar as singularidades dos viños do Rosal e a riqueza patrimonial e idiosincrasia do territorio:

_ Organizar e ou participar en manifestacións de todo tipo (artísticas, literarias, sociais, culturais, etc)

_ Manter relacións de irmandade con outras entidades similares de calquera ámbito territorial

_ Permitir e facilitar o ingreso na Confraría a cantos persoeiros o merezan, para fomentar o alcance dos obxectivos plantexados.

Presentación da Cofradía Cabaqueiros do Viño do Rosal

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies