Inicio Pontevedra A Deputación de Pontevedra entrega os premios da primeira edición do Concurso...

A Deputación de Pontevedra entrega os premios da primeira edición do Concurso de Debuxo Infantil “Debuxa a túa provincia”

A Deputación de Pontevedra foi “invadida” este xoves polo talento pictórico dos centenares de debuxos presentados na primeira edición do Concurso de Debuxo Infantil “Debuxa a túa provincia”. O pazo provincial foi escenario da exposición dunha ampla representación das pinturas presentadas ao concurso no día no que a presidenta provincial, Carmela Silva, fixo entrega dos premios ás tres nenas e ao neno que elaboraron, segundo o xurado, os mellores debuxos. Silva salientou que “desde a educación temos que fomentar a creatividade para que esas habilidades que teñen non se perdan polo camiño. As nosas nenas e os nosos nenos teñen coñecementos que poden pasar desapercibidos e hai que potencialos”. Tamén mostrouse “orgullosísima do talento que hai na nosa provincia, é evidente que o futuro está garantido”. Na categoría ata 6 anos a gañadora foi Martina Fernández Domínguez, de Pontevedra, que presentou o debuxo "Ponte de Rande". Silva explicou que “Martina, con só 5 anos, fixo un debuxo marabilloso, cheo de creatividade, expresividade e cun alto nivel de detalle co que se amosa moitos elementos representativos das Rías Baixas”. Pola súa banda, na categoría de 6 a 11 anos elixíronse dous premios debido a gran cantidade de debuxos recibidos. Así, recibiron o seu merecido recoñecemento Alba Fernández Fernández, de 10 años de idade, de Pontevedra, e Nicolás Bouzón Castiñeira, de Soutomaior. Alba presentou un debuxo titulado "Un lugar que sácalle un sorriso á xente”, do que Carmela Silva sinalou que “é precioso pero ademais o título escollido é digno dunha campaña de turismo". Neste caso o xurado elixiu este debuxo pola súa mensaxe coherente coas bases do concurso, polo nivel de detalle e a limpeza dos trazos. Nicolás Bouzón, de 6 anos, presentouse ao concurso co debuxo “Mariscando na ría de Arcade”, do que a presidenta da Deputación de Pontevedra destacou a “súa creatividade e a utilización de varias técnicas diferentes que serviron para representar a importancia dunha das actividades historicamente claves na nosa provincia”. O neno recibiu o premio acompañado do seu irmán xemelgo Samuel, e ambos recibiron o diploma Por último, na categoría de entre 11 e 14 anos, a gañadora foi Andrea López Ranz, de 12 anos, de Vigo. Carmela Silva animouna a seguir coa ilustración porque “este debuxo deixa claro que hai unha gran pintora detrás”. Amais resaltou “a beleza dos trazos, a proporcionalidade da pintura e polo seu realismo”. Deste xeito péchase a primeira edición do Concurso de Debuxo Infantil “Debuxa a túa provincia”, promocionado pola Deputación de Pontevedra. Con este concurso pretendía que as nosas nenas e nenos plasmen a súa visión dos recursos turísticos da provincia e elementos do noso patrimonio cultural e natural. Carmela Silva apuntou que “recibimos moitos debuxos de moita calidade e nos que se amosaba que os nenos e nenas de provincia entenderon perfectamente o que buscábamos con este concurso”.A Deputación de Pontevedra foi “invadida” este xoves polo talento pictórico dos centenares de debuxos presentados na primeira edición do Concurso de Debuxo Infantil “Debuxa a túa provincia”.

O pazo provincial foi escenario da exposición dunha ampla representación das pinturas presentadas ao concurso no día no que a presidenta provincial, Carmela Silva, fixo entrega dos premios ás tres nenas e ao neno que elaboraron, segundo o xurado, os mellores debuxos. Silva salientou que “desde a educación temos que fomentar a creatividade para que esas habilidades que teñen non se perdan polo camiño. As nosas nenas e os nosos nenos teñen coñecementos que poden pasar desapercibidos e hai que potencialos”. Tamén mostrouse “orgullosísima do talento que hai na nosa provincia, é evidente que o futuro está garantido”.

Na categoría ata 6 anos a gañadora foi Martina Fernández Domínguez, de Pontevedra, que presentou o debuxo “Ponte de Rande”. Silva explicou que “Martina, con só 5 anos, fixo un debuxo marabilloso, cheo de creatividade, expresividade e cun alto nivel de detalle co que se amosa moitos elementos representativos das Rías Baixas”.

Pola súa banda, na categoría de 6 a 11 anos elixíronse dous premios debido a gran cantidade de debuxos recibidos.  Así, recibiron o seu merecido recoñecemento Alba Fernández Fernández, de 10 años de idade, de Pontevedra, e Nicolás Bouzón Castiñeira, de Soutomaior. Alba presentou un debuxo titulado “Un lugar que sácalle un sorriso á xente”, do que Carmela Silva sinalou que “é precioso pero ademais o título escollido é digno dunha campaña de turismo”. Neste caso o xurado elixiu este debuxo pola súa mensaxe coherente coas bases do concurso, polo nivel de detalle e a limpeza dos trazos.

Nicolás Bouzón, de 6 anos, presentouse ao concurso co debuxo “Mariscando na ría de Arcade”, do que a presidenta da Deputación de Pontevedra destacou a “súa creatividade e a utilización de varias técnicas diferentes que serviron para representar a importancia dunha das actividades historicamente claves na nosa provincia”. O neno recibiu o premio acompañado do seu irmán xemelgo Samuel, e ambos recibiron o diploma

Por último, na categoría de entre 11 e 14 anos, a gañadora foi Andrea López Ranz, de 12 anos, de Vigo. Carmela Silva animouna a seguir coa ilustración porque “este debuxo deixa claro que hai unha gran pintora detrás”. Amais resaltou “a beleza dos trazos, a proporcionalidade da pintura e polo seu realismo”.

Deste xeito péchase a primeira edición do Concurso de Debuxo Infantil “Debuxa a túa provincia”, promocionado pola Deputación de Pontevedra. Con este concurso pretendía que as nosas nenas e nenos plasmen a súa visión dos recursos turísticos da provincia e elementos do noso patrimonio cultural e natural.  Carmela Silva apuntou que “recibimos moitos debuxos de moita calidade e nos que se amosaba que os nenos e nenas de provincia entenderon perfectamente o que buscábamos con este concurso”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
306SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies