Inicio Pontevedra O Salnés Posta en marcha do obradoiro de emprego “turismo sostible III” de Cambados

Posta en marcha do obradoiro de emprego “turismo sostible III” de Cambados

cambados-presenta-o-seu-proxecto-de-compostaxe-comunitaria

O obradoiro terá unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta está a investir case 169.000 euros, “que xunto a aportación económica do concello para material e equipamento chegarán ata case os 200.000 euros”, segundo explicou Cores Tourís.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou esta mañá na inauguración do obradoiro de emprego “Turismo Sostible III” de Cambados, acompañado do alcalde da localidade, Luis Aragunde.

O obxectivo destes cursos é preparar a 19 alumnos, aos que haberá que sumar o persoal contratado para dar formación en cantería e forestal: un director, un titor, unha administrativa e dous monitores.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mostrou a súa satisfacción por poder inaugurar esta iniciativa que ten “un obxectivo claro, dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente. Non podemos esquecer ademais”, engadiu Cores Tourís, “que en total son 24 as persoas que grazas a estes obradoiros, obteñen un posto de traballo, uns formándose e outros formando”, en relación aos titores e monitores dos dous cursos. Destacou o delegado territorial o feito de que no proceso selectivo contaron con vantaxe as mulleres e os parados de longa duración.
De feito, as persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibirán o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os meses que durarán estes proxectos. En Cantería formaranse 10 alumnos e en Forestal outros 9.

O alumnado traballará durante os próximos seis meses no acondicionamento e mellora do xardín dos Olmos e na renovación do contorno do lavadoiro de San roque.

Tamén levaranse a cabo traballos de mellora da senda fluvial na desembocadura do Río Umia e nos espazos verdes do casco urbano. Finalmente, os alumnos levarán a cabo obras de adecuación sostible do castro de Sete Pías, así como melloras nas áreas recreativas dos centros socioculturais dos núcleos rurais.

Cores Tourís, aproveitou a visita ao obradoiro de Cambados para destacar o “manifesto claro de colaboración institucional da Xunta coas entidades locais para intentar que o obradoiros de emprego teñan continuidade na creación de postos de traballo no futuro”.

Tamén insistiu o delegado territorial no feito de que “volveremos a este obradoiro ao remate do mesmo para comprobar cómo aproveitaron a súa formación os alumnos e as melloras logradas por eles para o municipio nestes próximos seis meses”.

Pola súa banda, o alcalde de Cambados, Luis Aragunde agradeceu a visita do delegado territorial a estas instalacións e destacou a importancia de que a Xunta “depositara a súa confianza no noso concello para por en marcha este proxecto xa que cumpre varios obxectivos: por un lado formar a desempregados do concello; por outro darlles un traballo durante 6 meses e finalmente, axudarnos a desenrolar importantes obras municipais”.

“Salientar a relevancia que adquiren estas iniciativas para unha comarca como a nosa, onde as cifras de desemprego son elevadas por mor da actual crise económica”, engadiu Aragunde.

Neste senso, José Manuel Cores Tourís, aproveitou a visita ao obradoiro de Cambados para destacar o “manifesto claro de colaboración institucional da Xunta coas entidades locais para intentar que o obradoiros de emprego teñan continuidade na creación de postos de traballo no futuro”. Tamén insistiu o delegado territorial no feito de que “volveremos a este obradoiro ao remate do mesmo para comprobar cómo aproveitaron a súa formación os alumnos e as melloras logradas por eles para o municipio nestes próximos seis meses”.

O delegado territorial recordou que obradoiros como o de Cambados estanse a desenrolar en varios concellos da provincia de Pontevedra. “En concreto, na área territorial da Delegación de Pontevedra, beneficiaranse 242 persoas en 12 obradoiros de 22 concellos que poderán contar cun emprego nun momento de crise tan tremendo como o que estamos a vivir”. No caso da comarca de O Salnés, serán 4 os obradoiros a desenvolver nos próximos meses.

En toda Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar pon en marcha estes días un total de 53 obradoiros, que contarán cun investimento de preto de 10 millóns de euros e un número total de participantes que roldará os 1.300.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies