spot_img
InicioGaliciaA Xunta de Galicia aproba a delimitación definitiva do Camiño Inglés

A Xunta de Galicia aproba a delimitación definitiva do Camiño Inglés

O Camiño Inlés, El Camino Inglés, El Camino de Santiago, Xunta de Galicia, delimitación oficial do Camiño de Santiago, Inglés,

O Consello da Xunta acaba de aprobar a delimitación oficial do Camiño de Santiago Inglés, unha medida que garantirá unha mellor protección dos lugares, edificios e paraxes polos que discorre esta ruta histórica, recoñecida xa de forma explícita na Lei 3/1996, de protección dos Camiños de Santiago. Hai documentación histórica abundante sobre peregrinacións marítimas durante o século XII e seguintes desde Escandinavia e as Illas Británicas, que arribaban á costa galega, substantivamente aos enclaves costeiros de Ferrol e A Coruña, para continuar viaxe por terra até a tumba do Apóstolo Santiago.

Esta ruta é a suma de dous itinerarios de peregrinación apoiados sobre dous camiños tradicionais de longa distancia: o camiño real de Santiago a Ferrol e o camiño real de Santiago á Coruña, sendo ambos os coincidentes desde a súa confluencia no lugar das Travesas. Concretamente, o trazado discorre polos termos municipais de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela.

No ámbito delimitado resulta de aplicación o réxime de protección establecido pola Lei de protección dos Camiños de Santiago, consistente na intervención da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural con carácter previo á correspondente licenza, que resolverá na procura da conservación física do Camiño, o respecto dos valores xacobeos e a preservación das características tradicionais da zona, o que, en termos xerais, leva implícito o mantemento das actividades agrarias. Ademais, a Administración deberá ser informada de todos os plans, programas e proxectos que alteren a paisaxe que quede dentro da bacía visual do Camiño e poidan afectar os seus valores, co fin de propor as medidas protectoras e correctoras que se consideren necesarias para a protección do patrimonio cultural.

- Publicidade -spot_img