Inicio Galicia ‘Xacobio’ levará a un grupo de participantes de Biospain 2014 a percorrer...

‘Xacobio’ levará a un grupo de participantes de Biospain 2014 a percorrer o Camiño de Santiago

O Camiño Portugués

Biospain, o encontro biotecnolóxico máis importante de Europa e o terceiro do mundo, celébrase este ano en Santiago de Compostela entre o 24 e o 26 de setembro. Esta edición quere aproveitar a singularidade do Camiño de Santiago e, días antes da súa execución, celebrarase unha marcha baixo o nome de ‘Xacobio’.

Un grupo de participantes, periodistas e bloggers de Biospain 2014 percorrerán un tramo do Camiño Portugués os días previos ao congreso nunha marcha que recibe o nome de ‘Xacobio’

Deste modo, un grupo de participantes, xornalistas e bloggers de Biospain 2014 percorrerán un tramo do Camiño Portugués os días 21, 22 e 23 de setembro. A iniciativa conta coa colaboración de Turismo de Galicia, que acompañará os peregrinos durante a última etapa que partirá de Cesures, o martes 23 de setembro, para alcanzar a meta, Santiago de Compostela.

Este grupo únese aos 177.086 peregrinos que percorreron xa o Camiño de Santiago no que vai de ano, un 9,55% máis que no ano 2013.

O encontro internacional de biotecnoloxía, que está organizado por Asebio (Asociación Española de Bioempresas), realízase cada dous anos nunha cidade española. Tras unha loita con catro candidaturas moi potentes, finalmente Santiago de Compostela foi a elixida por “o forte compromiso de todo o Goberno galego”, segundo afirmou Regina Revilla, presidenta de Asebio.

Á feira deste 2014 aválanlle os bos datos de participación da pasada edición, onde se alcanzaron 1.356 inscritos, 762 empresas participantes e 1.847 visitantes.

Biospain 2014 contribuirá á internacionalización e á visibilidade das empresas galegas relacionadas co sector. Unha grande oportunidade para Galicia que demostrará que é un lugar no que a ciencia e os negocios son do máis alto nivel.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
299SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies