spot_img
InicioVigo e áreaVigoPorto de Vigo e Xunta proxectan a construción dunha senda peonil e...

Porto de Vigo e Xunta proxectan a construción dunha senda peonil e ciclista na zona portuaria do Berbés

Porto de Vigo e Xunta proxectan a construción dunha senda peonil e ciclista na zona portuaria do BerbésVázquez Almuiña e Fernández-Tapias presentaron a veciños, comerciantes e hostaleiros esta nova zona que mellorará a súa mobilidade, dando resposta a unha demanda histórica dos cidadáns.

Segundo informaron esta mañá o máximo responsable portuario, Jesús Vázquez Almuiña, e a delegada do Goberno autonómico na cidade, Marta Fernández-Tapias, a veciños, comerciantes e hostaleiros da zona, a nova senda portuaria mellorará a mobilidade deste espazo, dando resposta a unha demanda histórica dos cidadáns.

O orzamento total desta actuación, que será licitada nos próximos días, rolda os 1,5 M€ e o prazo de execución das obras será duns 9 meses.

Para iso, crearase unha senda peonil e ciclista de 4 m de ancho e máis de medio km de lonxitude, que irá acompañada dunha zona axardinada de 250 m2, onde se plantarán distintas árbores e colocaranse bancos e unha zona de aparca bicis, grazas ao retranqueo do valo que separa a zona de servizo do Porto de Vigo co vial do Berbés. O valo, de 325 m de lonxitude e que actualmente ten 2,5 m de altura, será substituída por unha varanda de entre 1,25 m-1,50 m, moito máis liviá.

Un novo espazo de mobilidade sostible

Esta actuación forma parte da humanización e mellora da mobilidade na fronte portuaria, onde levarán a cabo diversas actuacións que enlazarán un total de 7,4km de senda ciclo-peonil no bordo portuario. Un espazo de interacción entre o Porto e a cidade que se estende desde a Rúa Arenal ata Bouzas.

Revista COUSAS DE Nº13

Segundo destacou Vázquez Almuiña, o obxectivo da institución que preside é o de “ofrecer á cidadanía un novo espazo de mobilidade sostible”, para o que contará coa colaboración do Goberno galego, que cofinanciará parte das obras.

Forma parte da humanización e mellora da mobilidade na fronte portuaria, onde levarán a cabo diversas actuacións que enlazarán un total de 7,4km de senda ciclo-peonil.

“Dentro do noso Plan Estratéxico e da estratexia europea ‘ Blue Growth Vigo’, damos prioridade aos proxectos de interacción coa cidade e buscamos a sustentabilidade ambiental, económica e, por suposto, social”, subliñou, á vez que avogou por “eliminar as barreiras que existen actualmente para abrir a cidade ao Porto e viceversa”.

Pola súa banda, Fernández-Tapias asegurou que, con esta actuación, “Xunta e Porto demostran de novo que a colaboración é sempre a mellor opción” e, neste sentido, o convenio asinado entre ambas as institucións “permitirá abrir o paso por unha zona ata o de agora pechada aos peóns”.

“Este 27 de abril é un día moi sinalado, porque cumprimos un compromiso con Vigo e o seu Porto e damos un paso máis para achegar aos vigueses ás súas raíces”, destacou a representante autonómica.

Pantalán histórico-cultural

Entre as diferentes actuacións anunciadas está a creación na dársena da Laxe, fronte ao edificio de Portocultura, dun pantalán histórico-cultural, coa atracada de buques históricos, como o Hidria Segundo ou o Rías Baixas e, dentro do proxecto Living Ports (finalista dos Óscar do Medio), instalará un visor submarino e unhas estruturas ancoradas á parede do peirao que posibilitarán a fixación de fauna e flora mariñas. O orzamento total deste proxecto supera os 3 M€, dos cales a EU financia 2,4 M€.

O “Hidria Segundo”, o único barco en activo con motor de vapor en España volve a Vigo

 

- Publicidade -spot_img