spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoPorriño supera oficialmente a barreira dos 20.000 habitantes

Porriño supera oficialmente a barreira dos 20.000 habitantes

licitadas-as-obras-para-a-execucion-dunha-senda-de-peons-e-ciclistas-na-po-331-nos-concellos-do-porrino-e-mosEn medio do estado de alarma polo coronavirus e despois do susto de onte co accidente da grúa no Parque do Cristo, hoxe chegou unha moi boa nova ao Concello: o Instituto Nacional de Estadística (INE) confirmou que Porriño xa ten máis de 20.000 habitantes recoñecidos. Oficialmente Porriño ten dende o 1 de xaneiro de 2020, unha poboación de 20.100 habitantes.

Deste xeito O Porriño entra no “club” dos concellos de maís de 20.000 habitantes o que suporá máis participación nos fondos públicos tanto dos Orzamentos Xerais do Estado como nos da Xunta de Galicia así como acceso directo ás subvencións da Unión Europea. Asimesmo este salto demográfico traducirase en outros feitos futuros como máis competencoas en diferentes eidos. Asimesmo terá outra consecuencia: nas vindeiras eleccións municipais de 2023, os porriñeses xa teran que elexir máis concelleiros pois a próxima corporación local medrará de 17 a 21 membros.

A alcaldesa Eva García manifestou hoxe a súa “enorme satisfacción por esta boa nova, ainda máis de agradecer nestes días de incertume no país dos que sen úbida sairemos c esforzó de todas e todos. E cando así sexa, Porriño será ainda máis forte e grande”, dixou a alcaldesa.

Eva García suliñou que o crecemento demográfico deste concello “que era moi doado de constatar polas matriculacións nos colexios, polas vivendas e outros indicadores, agora queda reflexado oficialmente no censo”. A alcaldesa lembrou que “dende a nosa chegada ao goberno municipal realizamos un esforzo por actualizar o padrón de habitantes que estaba moi desfasado e finalmente ese traballo da os seus froitos”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.