·Publicidade ·spot_img
InicioPontevedra e prov.PontevedraPontevedra. Motos clásicas pola cidade para apoiar a loita contra o cancro...

Pontevedra. Motos clásicas pola cidade para apoiar a loita contra o cancro de próstata e a depresión

Pontevedra. Motos clásicas pola cidade para apoiar a loita contra o cancro de próstata e a depresiónUnhas 50 motos (80 condutores e pasaxeiros) participaron onte na primeira edición pontevedresa da The Distinguished Gentleman’s Ride, un evento benéfico de carácter internacional reservado a motos clásicas, de ‘espírito’ clásico ou clásicas modernas, cuxos condutores/as e pasaxeiros van ataviadas con prendas elegantes (traxes inspirados nos clásicos ‘gentlemen’ tipicamente anglosaxóns).

A iniciativa solidaria, que conta coa colaboración da Concellería de Deportes e que encheu de soleira e elegancia esta mañá a Praza de España e diversas rúas do corazón da cidade, estase a celebrar de xeito simultáneo nun milleiro de cidades de todo mundo, coa finalidade de recadar fondos para as investigacións desenvolvidas pola Fundación Movember contra o cancro de próstata, a depresión e o suicidio.

Pontevedra. Motos clásicas pola cidade para apoiar a loita contra o cancro de próstata e a depresiónA particular mostra de distinción británica e motos clásicas entusiasmou ao tenente de alcalde, Tino Fernández, que como outros afeccionados, aproveitou a ocasión para achegarse ata a Praza de España, desfrutar deste “espectáculo único” e mesmo probar algunha das motos. Tal e como lle explicou Xavier Vandeneycken, un dos promotores do evento na nosa cidade, “a iniciativa naceu no ano 2012 en Sydney (Australia), pero grazas ás redes sociais comezou a ter máis visibilidade no mundo e, pouco a pouco, foise estendendo a varios países”.

“Agora mesmo -sinalou- están a participar 110 países e máis de 1.000 cidades en todo o mundo. Cada moteira ou moteiro pode facer unha doazón ou pode facerse patrocinar para facer doazóns á Fundación Movember, que desenvolve programas de investigación contra o cancro de próstata e para frear o fenómeno do suicidio e a depresión”.

Pontevedra. Motos clásicas pola cidade para apoiar a loita contra o cancro de próstata e a depresión

O concelleiro socialista Tino Fernández considera que “é unha grande noticia que os organizadores australianos engadisen este ano a Pontevedra na lista de 29 cidades españolas que participan neste evento, que se celebra o mesmo día en todo o mundo e que nestes 12 anos recadou máis de 30 millóns de dólares”. “Este tipo de concentracións moteiras -subliñou o tenente de alcalde- teñen moitísimos seguidores e seguidoras, polo que, se as conseguimos afianzar, pódense converter nun verdadeiro atractivo turístico para a nosa cidade. Asemade, no caso desta Gentleman’s Ride estamos a colaborar directamente na loita contra patoloxías que afectan a moitísimas persoas”.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies