spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaO Xeodestino Condado Paradanta xa ten o seu propio pasaporte

O Xeodestino Condado Paradanta xa ten o seu propio pasaporte

O Xeodestino Condado Paradanta xa ten o seu propio pasaporteO Pasaporte ao Condado Paradanta permite o acceso a unha selección de exclusivas propostas en locais emprazados nos municipios deste xeodestino

O salón de usos múltiples do Auditorio Municipal de Ponteareas acolleu a pasada semana a presentación dun novo produto turístico denominado  “Pasaporte ao Condado Paradanta”, unha iniciativa singular é unica en Galicia promovida polo GDR Condado Paradanta, que permite aos seus usuarios acceder a unha coidada selección de 24 propostas exclusivas en empresas turísticas da zona.

Deste xeito, este Pasaporte permite obter unha serie de premios para aqueles que opten por aloxarse en determinados hoteis ou casas rurais do Condado Paradanta, gozar da gastronomía e dos deliciosos viños da zona, coñecer fermosos recunchos da man de guías profesionais con gran experiencia, mercar produtos de calidade ou achegarense ao patrimonio cultural da comarca.

A iniciativa, desenvolvida polo GDR Condado Paradanta, ten como misión atraer e fidelizar a chegada de turistas á comarca conformada polos municipios de Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas.

As iniciativas de incentivo turístico, máis necesarias ca nunca

Segundo destacou o presidente do GDR Condado Paradanta, Juan Pablo Castillo, na presentación “todos somos ben conscientes dos estragos que esta crise sanitaria supuxo para o conxunto da poboación, para as persoas e as economías, sendo o voso sector, o turismo, un dos máis afectados”.

Por iso, de cara á recuperación turística, fan falta iniciativas como o Pasaporte ao Condado Paradanta, “un novidoso produto turístico no que as persoas que nos visiten durante os próximos meses poderán atopar unha coidada selección da mellor oferta turística da comarca”.

María Baleato, directora de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia afirmou que dende este organismo seguirase “na medida do posible apoiando ao xeodestino Condado Paradanta, sobre todo, polo bo traballo que está a realizar nos úlitmos anos”.

En representación do tecido local, a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, sinalou que os municipios que conforman o Condado Paradanta aposta por “un territorio no que o turismo, o turismo de calidade, vai gañando importancia nas nosas economías con proxectos e tamén con iniciativas públicas como as que levamos adiante dende os concellos, o Xeodestino e o propio GDR”.

Pola súa banda, en representación dos empresarios da zona, Marisa Domínguez, propietaria do restaurante Simoneta&Co dixo que puxo en valor que o Pasaporte ao Condado Paradanta supón para o colectivo “a ilusión de que voltaremos a unha normalidade que nos permita  impulsar os nosos negocios con produtos innovadres ede calidade coma este, que nos axuden a marcar a diferencia e por a atención nun territorio no que empresas e institucións traballamos xuntos para mellorar a oferta turística, día a día”.

Como funciona esta iniciativa

O Pasaporte ao Condado Paradanta é un produto turístico e de promoción xestionado polo GDR Condado Paradanta, a única entidade competente no seu desenvolvemento. Os usuarios deben facerse cunha copia física do Pasaporte, nos establecementos que forman parte deste proxecto, e completar os seus datos no recadro correspondente para iso.

Unha vez estea activo o documento, cómpre reservar con antelación naquel establecemento ou servizo do que se queira desfrutar avisando que se é usuario do Pasaporte. Cada vez que o documento se empregue  nun local ou establecemento, este debe selar o recadro correspondente.

Unha vez se complete o número de recadros necesarios para participar nun dos sorteos, os usuarios han de enviar a folla de datos debidamente cumprimentada ao WhatsAPP 986 663 329 e contestar a enquisa que obteñen do escaneo do Código QR. Deste xeito poderán entrar no sorteo de agasallos, experiencias únicas ou produtos/servizos de diverso tipo que farán a súa estancia nesta zona de Galicia inesquecible.

Nesta primeira edición da iniciativa turística Pasaporte ao Condado Paradanta, editaranse 1.000 exemplares de carácter promocional e gratuito. A iniciativa estará activa ata o vindeiro 31 de decembro e todas as empresas participantes contan con algún selo de calidade turística como o SICTED ou a Q de Calidade Turística.

Condado Paradanta: Turismo Dez

O xeodestino turístico Condado Paradanta xorde dos dez municipios que conforman esta zona de Galicia. Todos eles levan tempo sumando recursos, iniciativas e propostas para que residentes e visitantes poidan gozar da súa estancia nun territorio que reúne unha oferta turística ampla e de calidade, na que salienta a singular Rede de observatorios nocturnos e miradoiros, o Castelo de Sobroso, a Fortaleza de Salvaterra do Miño, o Castro da Troña, a vila de Mondariz-Balneario ou os Petróglifos de Taboexa, entre outros.

- Publicidade -spot_img